Mina romana de ouro de Covarradeiras
![]() | |
Lugar | Covarradeiras (Covas) |
---|---|
Concello | Ferrol |
Datas: | Ata os Séculos I e XX |
Minerais: | Ouro |
Estado actual | Bo |
Superficie | 2,55 ha |
Cod. Xunta: | GA15036016 |
A mina romana de ouro de Covarradeiras é unha antiga explotación mineira situada no lugar de Covarradeiras (Covas, Ferrol)[1], nas abas dos montes da Lagoa. Foi catalogada polo concello de Ferrol como ben de interese arqueolóxico.[2]
Características
[editar | editar a fonte]A orixe desta mina de ouro posiblemente fose anterior á romanización de Galicia e xa fose explotada na Idade dos Metais[Cómpre referencia]. Na explotación primitiva traballárase a parte superficial dun paquete de catro filóns de cuarzo con arsenopirita aurífera[3], tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel. Aínda poden identificarse varias labores superficiais posibelmente romanas coma unha gran poza duns 50 metros de diámetro e 10 de profundidade para acumular auga. A mina era explotada polo método de ruina montium. Na parte baixa do monte está o vertedoiro de pedras do lavado de mineral. As galerías que aínda existen están inundadas e foron tapiadas. A principios do século XX tentou volverse a poñer en explotación.
A mina ten forma de Y, con dous brazos que soben polo monte dende o pé do mesmo. Ten unha superficie de 2,55 ha., cunha lonxitude máxima de 267,18 m. A maior diferenza de cota entre os límites inferior e superior da delimitación é de 72 metros; entre o límite superior e o centro da mina é de 65 metros.[4]
Non se fixeron estudos arqueolóxicos da mina nin un aproveitamento turístico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Asociación Buxa (eds.). "Património: 217 Mina de Covas". Arquivado dende o orixinal o 17/06/2021. Consultado o 24/06/2018.
- ↑ Juan Luis Dalda Escudero, Alfonso Díaz Revilla, Ánxel Viña Carregal (Equipo Oficina de Planeamento) para o Concello de Ferrol (28/12/2000 (Aprobación), 28/2/2001 (BOP) e 9/3/2001 (DOGa)). "Anexo 1. Relación de elementos de interés cultural". Figura Plan xeral de ordenación municipal: Revisión e adaptación. (PDF).
- ↑ Variedade da arsenopirita formada por FeAsS e Au.
- ↑ Xosé-Lois Armada; Víctor Alonso; Pedro Carrasco García; Manuela Costa-Casais; Alejandro Güimil-Fariña; Patricia Mañana-Borrazás; Carlos Otero-Vilariño (2015). Universidade de Santiago de Compostela issn = 0211-8653, eds. "El yacimiento de Santa Comba (Covas, Ferrol): investigaciones arqueológicas en un enclave de la ruta marítima atlántica". GALLÆCIA (83-124 ed.) 34.