Minas de sal de Bochnia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Polonia | |||
Voivodatos | Voivodato da Pequena Polonia | |||
Powiat | Condado de Bochnia (pt) | |||
Comuna urbana | Bochnia (pt) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 135,4 ha | |||
Creación | 1248 | |||
Monumento histórico de Polonia | ||||
Data | 26 de setembro de 2000 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1978 (2ª Sesión) | |||
Identificador | 32ter-002 | |||
Monumento inmoble | ||||
Sitio web | bochnia-mine.eu | |||
A Mina de sal de Bochnia (polaco: Kopalnia soli Bochnia) en Bochnia, Polonia é unha das minas de sal máis antigas do mundo e a máis antiga de Polonia.[1] A mina abriuse entre os séculos XII e XIII despois de que se descubrise o sal en Bochnia e pasou a formar parte da Compañía mineira real żupy krakowskie (salinas de Cracovia). Desde o ano 2005 a mina deixou de explotarse.
A mina foi pechada en 1990. En 1981 declarouse monumento patrimonio. O sitio é un dos monumentos históricos de Polonia (Pomnik historii), segundo se designou o 6 de outubro de 2000 e seguido pola Xunta do Patrimonio Nacional de Polonia. A mina ten unha capela que é atravesada polas vías do tren.
Historia
[editar | editar a fonte]As galerías da mina miden 4´5 km de lonxitude por uns 330-468 m de profundidade por baixo da superficie, en 16 niveis.
En 2013 a mina engadiuse ao Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como unha extensión da inscrición da mina de sal de Wieliczka de 1978.[1]
Galería August
[editar | editar a fonte]A galería August é a principal ruta de comunicación e transporte da mina. Esténdese de leste a oeste da mina, conectando en liña recta os extremos inferiores dos pozos Campi e Sutoris. Atópase a unha profundidade de 176 m desde a parte superior do pozo Sutoris e 212 m desde a parte superior do pozo Campi. A galería August inicialmente chamouse forno longo (Piec Długi). O primeiro tramo, que se estendía entre o pozo Rabsztyn e o pozo Campi, construíuse nos anos 1723-1743, segundo un deseño de Jan Gottfried Borlach. O seu gran logro foi regular as rutas na mina asegurando a súa rectitude e nivelación. Como resultado disto, durante as seguintes décadas, a galería August púido alcanzar unha extensión de case 3 km.
As cámaras, pozos e galerías escavados forman unha vila subterránea, aberta aos turistas. A maior das cámaras preservadas converteuse nun sanatorio.
A Cámara Ważyn
[editar | editar a fonte]A cámara Ważyn foi nomeada co nome do administrador (podżupek) Andrzej Ważyński. A profundidade desta cámara, a maior da mina de sal de Bochnia, é de 248 m; a súa lonxitude é 255m; o seu ancho máximo é de 14´4 m; e a altura máxima é de 7´2 m. A cámara non usa ningún piar. Extraíuse sal da cámara Ważyn desde 1697 ata a década de 1950. Co fin de crear un sanatorio estes pozos antigos foron expandidos cunha máquina unitaria de carga e descarga (LHD). Estas obras tiveron lugar ata 1984. Grazas a elas o pozo Ernest do século XVII preséntase de forma impresionante no tellado da cámara desmontada.
A cámara Ważyn ten un microclima específico, cunha temperatura constante entre 14º e 16 °C, alta humidade (cerca do 70%) e ionización favorable do aire saturado por cloruro de sodio e microelementos valiosos, como magnesio, manganeso e calcio. O aire na cámara distínguese pola súa pureza. A cámara está equipada con camas: ata 300 persoas poden durmir aquí. As outras partes da Cámara Ważyn son pistas para xogar voleibol, baloncesto e balonmán, restaurante e instalacións para conferencias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Wieliczka and Bochnia Royal Salt Mines (extension to the Wieliczka Salt Mine). UNESCO World Heritage Centre, 03/07/2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minas de sal de Bochnia |