Minde
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Santarém | |||
Concello | Alcanena (pt) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 21,15 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Minde (Ninhou en minderico) é unha vila e freguesía (parroquia civil) do concello de Alcanena, no distrito de Santarém, en Portugal. A poboación de toda a parroquia civil en 2011 era de 3.293 habitantes,[1] nunha superficie de 21,14 km². [2] Minde é coñecida como o lugar de orixe do Minderico, un sociolecto ou argot falado orixinalmente polos comerciantes.[3] A parroquia civil atópase nunha paisaxe cárstica intensiva.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Minde atópase nunha paisaxe cárstica intensiva nunha zona do centro de Portugal continental. Formaba parte da histórica provincia de Ribatexo. A cidade propiamente dita limita cunha conca de polje que no verán é campo fértil e no inverno, en caso de choiva intensa, un lago temporal.
Historia
[editar | editar a fonte]Minde mencionouse por primeira vez nos rexistros oficiais no ano 1165,[4] nunha carta escrita por Afonso I de Portugal, onde estableceu un albergue no que hoxe é Minde.
En 1892, Minde pasa a formar parte do municipio de Torres Novas, deixando Porto de Mós. En 1914 fúndase o municipio de Alcanena, e dende entón Minde forma parte del.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Unha vista de Minde.
-
Conca cárstica en Minde, inundada por un lago temporal.
-
Quiosco de música en Minde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estatística (INE), Censo das divisións administrativas de 2013 de Portugal
- ↑ "Carta administrativa oficial de Portugal ; versão 2017_ em vigor". dgterritorio.pt. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2018. Consultado o 11 de maio de 2018.
- ↑ Manuel Fernandes Vicente (2009), "Minderico renasce com apoio da Volkswagen a línguas ameaçadas", Público, edición do 17.08.2009, p. 22. (en portugués)
- ↑ "Sobre-a-nossa-terra/ A-nossa-historia". jf-minde.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Minde |