Saltar ao contido

Quiosco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quiosco de prensa na Rúa Nova, Santiago de Compostela.
Quiosco na Arxentina.

Un quiosco (do persiano: kōšk, que significa "pavillón", a través do turco: köşk e do francés kiosque[1]) é unha pequena construción que se instala nos parques e xardíns e que consta, polo xeral, só dun teito e unhas columnas que o sosteñen. Pode ter diversos usos, como por exemplo servir como palco da música. A diferenza das pérgolas, a cuberta dos quioscos non ten cavidades. Na súa orixe, nestas construcións vendíanse lambetadas e xornais, polo que o termo hoxe en día se refire a calquera construción pequena instalada normalmente ao ar libre para a venda de periódicos, caramelos, flores etc[2].

A función dos quioscos, sexa cal for a súa finalidade, é dar unha relativa protección do sol e da choiva, tanto se é un espazo escénico coma se se trata dun lugar de almacenamento ou posto de venda na vía pública. Deste xeito, diferénciase da venda ambulante, pois o quiosco está suxeito a algún tipo de regulación, autorización, permiso ou concesión administrativa.

O seu lugar habitual está nos xardíns, as prazas, os bulevares e as beirarrúa con amplitude abonda.

Tipos de quioscos

[editar | editar a fonte]

Segundo o seu uso pódense clasificar en distintos tipos:

  • Quiosco de flores, posto de venda no que se comercializan principalmente ramos de flores.
  • Quiosco de lambetadas, establecimiento comercial no que se venden principalmente lambonadas, cigarros, tarxetas telefónicas, etc.
  • Quiosco de información, posto non comercial no que se fornece información turística ou referente a campañas públicas.
  • Quiosco de música, construción festiva, normalmente de planta circular ou semicircular, que alberga concertos.
  • Quiosco de xornais, posto de venda de dimensións reducidas no que se comercializan principalmente xornais e revistas.
  • Quiosco interactivo, computadora localizada en lugar público que permite aos usuarios realizar diferentes accións.
  • Quiosco aseo, módulo de aseos situado habitualmente en espazo público.
  • Quiosco bar, establecemento no que se serven comidas e bebidas situado habitualmente en espazo público (parques, prazas, praias...)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]