Mine vaganti
Mine vaganti | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mine vaganti |
Director | Ferzan Özpetek |
Produtor | Domenico Procacci |
Guión | Ivan Cotroneo Ferzan Özpetek |
Música | Pasquale Catalano |
Estrea | 2010 |
Duración | 110 min. |
Orixe | Italia |
Na rede | |
Mine vaganti é unha película italiana de 2010 dirixida por Ferzan Özpetek.
Argumento
[editar | editar a fonte]Tommaso, o menor de tres irmáns, volve de Roma, onde supostamente estudaba economía, á casa familiar, que é dona dunha fábrica de pasta. Pensa en sincerarse coa súa familia durante unha cea, dicindo que desexa ser escritor e que é homosexual. Confésalle a seu irmán máis vello, Antonio, a súa intención de soltalo todo e que seu pai o desherde e así poder dedicarse ao que quere e esquecerse da fábrica familiar. Pero para sorpresa de Tommaso, e de todos, Antonio adiántase confesándose homosexual, polo que o pai bótao da casa. O incidente provócalle un infarto ao pai, Vincenso, polo que Tommaso non se atreve a repetir a escena e ten que facerse cargo do negocio familiar.
Todos na pequena cidade ignoran a súa condición, agás a avoa e Alba, a filla dos socios comerciais da familia. O rumor do motivo da marcha de Antonio propágase e iso avergoña a Vincenso. Mentres, Alba e Tommaso fanse bos amigos, e a pesar de saber que el é gai, ela non pode evitar empezar a namorse del. Pola súa parte, Tommaso, séntese coaccionado polo seu noivo, Marco, para regresar a Roma, e aconsellado pola avoa, finalmente, decídese a dicir que non desexa traballar na fábrica e que quere ser escritor. No enterro da avoa, tralo seu suicidio, Antonio e seu pai, reconcílianse, o que, xunto á maior implicación da irmá na dirección da fábrica, permite a marcha de Tommaso.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Riccardo Scamarcio: Tommaso Cantone
- Alessandro Preziosi: Antonio Cantone
- Nicole Grimaudo: Alba Brunetti
- Lunetta Savino: Stefania Cantone
- Ennio Fantastichini: Vincenzo Cantone
- Ilaria Occhini: Avoa
- Elena Sofia Ricci: tía Luciana
- Bianca Nappi: Elena Cantone
- Massimiliano Gallo: Salvatore
- Daniele Pecci: Andrea
- Carolina Crescentini: Avoa de Giovane
- Carmine Recano: Marco
- Paola Minaccioni: Teresa
- Gianluca De Marchi: Davide
- Mauro Bonaffini: Massimiliano
- Gea Martire: Patrizia
- Giorgio Marchesi: Nicola