Mirante do Vale
Mirante do Vale | |
---|---|
Edificio | |
Enderezo | Avenida Prestes Maia, 241 |
Localización | São Paulo, Brasil |
Coordenadas | 23°32′32″S 46°38′08″O / -23.5422, -46.635422 |
Uso(s) | Oficinas |
Construción | |
Inicio | 1959 |
Remate | 1960-1966 |
Dimensións | |
Superficie | 75 000 m² |
Altura da azotea | 170 m |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Waldomiro Zarzur |
Enxeñeiro estrutural | Aron Kogan |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Mirante do Vale é un rañaceos localízado en São Paulo, no Brasil. Con 170 metros de altura,[1] foi durante 48 anos o maior edifício do país, ata que foi superado en 2014 polo Millennium Palace, en Balneário Camboriú. Proxectado polo arquitecto Waldomiro Zarzur, a súa construción comezou en 1960, sendo inaugurado en 1966. O edificio localízase na rexión do Vale do Anhangabaú.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi proxectado polo enxeñeiro Waldomiro Zarzur conxuntamente con Aron Kogan.
A construción do rañaceos levou cinco anos. Waldomiro era un enxeñeiro cunha considerable experiencia. A súa primeira obra, unha casa na Rúa Afonso Brás, na Vila Nova Conceição, foi executada cando tiña só 21 anos e aínda estudaba Enxeñeria na Universidade Presbiteriana Mackenzie. Nesa época, a amizade co tamén estudante Aron Kogan transformouse en sociedade que duraría ata 1960, cando Kogan foi asasinado e Waldomiro asumiu a dirección da empresa.
É posible ter unha visión aérea do Mirante do Vale visitando o observatorio da torre do Banespa ou o Terraço Itália, dende onde parece mais baixo, debido a estar situado nun val.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mirante do Vale". emporis.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mirante do Vale (en portugués)
- Emporis (en inglés)
- SkyscraperPage (en inglés)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mirante do Vale |