Mired
O mired (contracción de micro grao recíproco) é unha unidade de medida da temperatura da cor, definida pola fórmula
onde M é o valor en mired e T é a temperatura da cor en kelvin. Por exemplo, un ceo azul, que ten unha temperatura de cor de arredor de 25.000 K, ten un valor combinado de aproximadamente 40, mentres que un flash fotográfico típico, cunha temperatura de 5 000 K, ten un valor combinado de 200. As decenas de mireds tamén se denominan decamired. A unidade de medida do SI (Sistema Internacional) correspondente é o "megakelvin recíproco", abreviado como mirek, pero este termo úsase menos que a denominación "mired".[1]
O uso do termo mired foi introducido por Irwin G. Priest en 1932, baseándose na observación de que a mínima diferenza perceptible entre dous iluminantes depende da diferenza entre o recíproco das súas temperaturas, en lugar da diferenza entre as propias temperaturas[2]. En consecuencia, o mired é un xeito máis útil de representar diferenzas de cor en sistemas orientados ao ser humano, como o balance de brancos na fotografía dixital ou a aplicación de filtros de cor na fotografía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noboru Ohta, Robertson, Alan R., Colorimetry: Fundamentals and Applications, Wiley, 2005, p. 84 |ISBN=0-470-09472-9
- ↑ "Irwin G. Priest, A proposed scale for use in specifying the chromaticity of incandescent illuminants and various phases of daylight (abstract), en JOSA, vol. 23, n. 2 de febreiro de 1932, pp. 41–45, DOI:10.1364/JOSA.23.000041.".