Miren Leanizbarrutia
Aparencia
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Miren Lore Leanizbarrutia Bizkarralegorra 4 de outubro de 1956 (68 anos) Aretxabaleta, España |
Senadora de España | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Miren Leanizbarrutia, nada en Aretxabaleta (Guipúscoa) o 4 de outubro de 1956, é unha política vasca. É senadora polo Partido Nacionalista Vasco[1].
O 18 de xaneiro do 2011 Miren Leanizbarrutia foi a primeira representante política da historia que no Senado de España se dirixiu á cámara empregando e lingua galega. Fíxoo en resposta á tamén senadora María Jesús Sáinz, do Partido Popular de Galicia, que o fixo en castelán malia que xa lle era posíbel facelo en galego. A súa breve intervención, no medio do seu discurso en éuscaro, foi a seguinte[2]:
É unha pena que vostede sexa galega e non faga uso da lingua na que Rosalía escribiu tan fermosos versos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine. da senadora no sitio web do Senado de España (en castelán).
- ↑ PARDO, M. (19/01/2011). www.xornal.com, ed. "Unha política vasca estrea o galego no Senado tras negarse o PPdeG". Arquivado dende o orixinal o 20/01/2011. Consultado o 20/01/2011.