Saltar ao contido

Miriam Couceiro Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiriam Couceiro Castro
Biografía
Nacemento10 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocióloga Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6311402 AELG: 606

Miriam Couceiro Castro, nada na Coruña o 10 de maio de 1985, é unha feminista, socióloga e escritora galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia e adolescencia en Ordes. Estudou Socioloxía na Universidade da Coruña cun Mestrado en Técnicas de Investigación Social e o Doutoramento en Equidade e Innovación Educativa coa tese A Representación do Feminismo no Pensamento e Práctica da Acción Docente das Profesoras de Secundaria en Galicia (2019)[2] coa que acadou un Sobresaínte Cum Laude.

Comezou o seu activismo feminista no Observatorio de Igualdade e na Plataforma Feminista Galega, para despois seguir a corrente do Feminismo Radical. Dende 2015 participa en coloquios e conferencias sobre activismo feminista e a situación das mulleres galegas.[3]

Como escritora, arranca a súa traxectoria literaria como autora de ensaio, influída polas historias de vida, os métodos de investigación social cualitativos e o feminismo. Na actualidade céntrase en proxectos vinculados co relato e a novela, con forte influencia do feminismo radical, da mística do cotián e do xeito en que as mulleres articulan a vida.

Coruñesa de adopción, busca escenarios literarios en lugares como os taxis, as paradas de bus, os trens, os avións e os tanatorios.

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Tes cinco minutos #1 (2024). Vigo: Galaxia. 130 páxs. ISBN 978-84-9151-607-1. Relato "O Poder da Palabra" de 2020.
  • O libro da Rosa (2022). Vigo: Galaxia. 156 páxs. ISBN: 978-84-9151-854-9. Relato "Olimpia, princesa de Santo Amaro".
  • 2013: I Premio de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño co seu traballo O Feminismo en Galiza: Rural e Urbano
  • 2020: I Premio do Concurso de Microrrelatos do Concello de Sada.
  1. "Couceiro Castro, Miriam". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-10-17. 
  2. "Miriam Couceiro Castro". aelg.gal. Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  3. Lecturafilia (2021-12-27). "Cuestionario Proust: Miriam Couceiro Castro, escritora e socióloga". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2024-10-17. 
  4. "De óxido e diamantes". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-10-17.