Saltar ao contido

Missale Auriense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Missale Auriense
Museo Catedralicio de Ourense.
OrixeMonterrei, Galicia Galicia
LinguaEscritura visigótica
Lingua latina
Xénero(s)Litúrxico / Relixioso
Data de pub.3 de febreiro de 1494
Páxinas280
Na rede
BNE: XX4194433
editar datos en Wikidata ]

O Missale Auriense ou Misal Auriense é un libro litúrxico rematado o 3 de febreiro de 1494 por Gonzalo Rodríguez de la Passera e Xoán de Porras na vila de Monterrei. Contén os textos necesarios para a celebración dunha misa segundo o rito romano. É un dos libros impresos máis antigos de Galicia.[1]

Consérvanse dous exemplares, un deles, en pergameo, no Museo Catedralicio de Ourense e o outro, en papel, na Biblioteca Nacional de España.[1]