Modelo:BS/uso/parámetros
Parámetros con nome
[editar a fonte]Tódolos modelos de ringleira BS teñen, a maiores, parámetros con nome que fornecen funcións avanzadas. Son os mesmos para os modelos BSn e BSn-2 (coa excepción do parámetro tw-left
). Para un número n, a letra p fai referencia a un número menor ou igual, isto é, 1≤p≤n.
- bg: Cor HTML, como nome ou código hexadecimal (co prefixo
#
), para o fondo da(s) icona(s). Transparente de xeito predeterminado. - tw: Largo da columna dereita do texto.
- tw-left: Largo da columna esquerda do texto.
- PX, PX2,… PXp: Tamaño da icona (p. e.
PX=50px
). O parámetroPX
é o valor predeterminado dos PX2…PXp. - Opq (letra O,p,q, non cero,p,q): Estes parámetros son empregados para superpor iconas. Véxase a sección posterior sobre a superposición.
- L1, L2,… Lp: Ligazón interna para a imaxe da icona, que sobrescribirá a ligazón predeterminada á páxina de descrición do ficheiro da icona.
Superposición de iconas
[editar a fonte]Se se precisar dunha icona que non existe, é posíbel que esta poida ser orixinada ó superpor de dúas a seis iconas existentes mediante os parámetros Opq. De xeito básico, O1
corresponde á primeira icona da ringleira, O2
á segunda etc. Máis concretamente:
- O1 (letra O, non cero), O12, O13, O14, O15: Identificador dunha icona para superpor á primeira icona da ringleira, con cinco iconas superpostas como máximo. O número máis alto do parámetro (o que está en azul) indica que esa icona se coloca sobre a icona co número inferior anterior. A icona base (descrita polo primeiro parámetro sen nome), sitúase embaixo de todo.
- O2, O22, O23, O24, O25: Identificador dunha icona para superpor á segunda icona da ringleira (esta icona base (descrita polo segundo parámetro sen nome) será a que estea embaixo de todo).
- Op, Op2, Op3, Op4, Op5: Identificador dunha icona para superpor á icona número p da ringleira.
- Os parámetros Opq precisan dunha entrada válida para a icona base correspondente. Doutro xeito, as iconas para seren superpostas non se han cargar.
Para outros usuarios poderen modificar o código do esquema máis doadamente, é unha boa práctica pór as iconas superpostas inmediatamente despois da entrada da icona base correspondente. Deste xeito, os humanos non precisamos de ollar cara a tras e cara a diante nos códigos.
Os seguintes exemplos A e B dan o mesmo resultado, mais o exemplo B é recomendado: