Modelo:Galeguizar/uso
Aparencia
Esta é a subpáxina de documentación de "Modelo:Galeguizar". Contén información de uso, categorías e outros contidos que non forman parte do modelo orixinal. Atención: As ligazóns interwiki engádense no Wikidata. |
- Obxectivo
Incluír un aviso respecto á necesidade de galeguizar os contidos dun artigo. Ao mesmo tempo, clasifica o artigo dentro dunha categoría oculta de artigos aos que lles falta a perspectiva galega. Algúns exemplos:
- Artigos aos que lles faltan imaxes relacionadas con ese fenómeno ou situación en Galicia.
- Artigos de acontecementos que non recollen as consecuencias ou desenvolvementos en Galicia.
- Artigos biográficos que necesitan unha ampliación relacionada coa vida ou coa obra galega do persoeiro.
- Artigos de situacións, enfermidades, sectores económicos ou conceptos xerais que non presentan datos sobre a súa incidencia en Galicia.
- Uso
Coloque a etiqueta {{Galeguizar}} no punto en que desexe do texto (preferiblemente na altura en que deberían ir os contidos relacionados con Galicia)
Adóitase empregar con artigos que proveñen como tradución doutras wikipedias, e que non teñen a necesaria perspectiva galega.
- Diferenzas con marcadores relacionados
- {{Atención}}. Artigos con diversos problemas. Permite a explicación da causa de colocación da etiqueta. Ten o inconveniente de que é moi xeral, e que hai moitos artigos marcados con este modelo.
- {{Nongalego}}. Emprégase para marcar artigos que necesitan unha tradución ao galego. Iso non significa que teñan que incluír contidos relativos a Galicia.
- {{Desgaleguizar}}. Emprégase para marcar artigos que só ofrecen unha perspectiva galega dun feito, dun movemento ou dun obxecto que teñen unha transcendencia maior cá galega.