Modernismo valenciano
O modernismo valenciano (en catalán: modernisme valencià) é a denominación historiográfica dun estilo principalmente arquitectónico, aínda que tamén se desenvolveu noutras artes plásticas (pintura e escultura) e no deseño e as artes decorativas na Comunidade Valenciana.
Aínda que forma parte dunha corrente xeral que xorde en toda Europa (denominada en cada país como modernismo, art nouveau, Jugendstil, sezession, etc.), na Comunidade Valenciana adquire unha personalidade propia e diferenciada, influenciado en boa medida pola corrente modernista austríaca Sezession.[1][2]
Ten lugar en distintas cidades valencianas, dentro dun contexto dun gran desenvolvemento industrial, económico e urbano. Neste sentido, cómpre salientar o grande impacto que tivo a Exposición Rexional Valenciana de 1909 e que supuxo a divulgación da nova arquitectura do modernismo valenciano en todo o territorio valenciano. No caso de Novelda, Borriana, Carcaixent, Alzira ou Sueca o desenvolvemento da arquitectura modernista estará ligado á puxante exportación agrícola da uva, a laranxa ou o arroz. En Valencia altérnase a industria coa exportación da laranxa no porto de Valencia. O caso de Alcoi é netamente industrial, no que o modernismo estará moi ligado ao enorme desenvolvemento da industria alcoiana dende finais do século XIX.
Alcoi e Valencia, por número de obras, serán as principais cidades valencianas que máis profusamente desenvolvesen a arquitectura modernista. Novelda, Alacant, Castelló de la Plana, Borriana, Sueca ou Carcaixent, son outros focos onde se desenvolvesen importantes exemplos de arquitectura modernista.
Doutra banda, hai varias poboacións valencianas que forman parte da Ruta Europea do Modernismo,[3] asociación europea formada por institucións e gobernos locais cuxo fin é a protección e promoción internacional do patrimonio modernista. É o caso de Alcoi,[4] Novelda[5] e Sueca.[6]
Características
[editar | editar a fonte]As características comúns dentro do modernismo valenciano son:[7]
- Temática baseada na natureza, as flores, a vexetación e os animais.
- Preferencia polas formas curvas e a asimetría.
- Utilización do estilo da arte xaponesa con uso de motivos exóticos.
- Imaxes de actitudes románticas como mulleres.
- Sensualidade e exaltación dos sentidos.
- Transmisión de sentidos da vida cotiá (mocidade, etc).
- Utilización do mosaico Nolla e da baldosa hidráulica con motivos vexetais e xeométricos modernistas no recubrimento de chans.
- Simboloxía rexionalista (en Valencia cidade). A Senyera e o Rat Penat.
- Forxa escultórica.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Da man de arquitectos, enxeñeiros e mestres de obras valencianos, a gran maioría deles formados en Barcelona ou Madrid e coetáneos ao modernismo catalán e ao modernismo madrileño, mais que exerceron boa parte da súa carreira na Comunidade Valenciana, o modernismo cobrará unha especial relevancia arquitectónica en distintas cidades valencianas.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mestre Martí, María (2007). La arquitectura del modernismo valenciano en relación con el Jugendstil vienés. 1898-1918. Paralelismos y conexiones (en castelán). Valencia: Universidade Politécnica de Valencia. p. 629. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Concepción de Soto, Arquitectos y arquitecturas modernista en la ciudad de Valencia 1900-1915 - Valencia ante el Modernismo. Real Academia de Cultura Valenciana, 2012.
- ↑ "Ruta Europea de Modernismo: Ciudades". www.artnouveau.eu (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ Alcoy en la Ruta Europea del Modernismo
- ↑ Novelda en la Ruta Europea del Modernismo
- ↑ Sueca en la Ruta Europea del Modernismo
- ↑ "El Modernismo en la ciudad de Valencia. Diseño de un itinerario para promover su uso turístico mediante las técnicas de interpretación del patrimonio" María Signes Almodóvar. Universidade Politécnica de Valencia. Escola Politécnica Superior de Gandía
- ↑ "La Valencia modernista". Las Provincias. 10 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modernismo valenciano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benito Goerlich, Daniel (1992). Arquitectura modernista valenciana (en castelán). Valencia: Fundación Bancaja. p. 273. ISBN 8487684157.
- Benito Goerlich, Daniel (2007). Modernisme en l'arquitectura valenciana (en catalán). Valencia: Generalitat Valenciana. p. 416. ISBN 9788448246679.
- Mestre Martí, María (2007). La arquitectura del modernismo valenciano en relación con el Jugendstil vienés. 1898-1918. Paralelismos y conexiones (en castelán). Valencia: Universidade Politécnica de Valencia. p. 629. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- De Soto Arandiga, Concepción (2012). Arquitectos y arquitecturas modernistas en la ciudad de Valencia 1900-1915. Valencia ante el modernismo (PDF) (en castelán). Valencia: Real Academia de Cultura Valenciana. p. 20. Consultado o 13 de marzo de 2018.
- Doménech Romá, Jorge (2010). Modernismo en Alcoy, su contexto histórico y los oficios artesanales (en castelán). Editorial Aguaclara. p. 497. ISBN 978-84-613-8233-0.
- Doménech Romá, Jorge (2013). Del Modernismo al Funcionalismo, características y evolución del movimiento modernista, el modernismo en Alcoy y Novelda (casos concretos) (en castelán). Publicaciones de la Universidade de Alacant. p. 224. ISBN 978-84-9717-267-7.
- Pérez Rojas, Javier (1991). Del modernismo al art déco. La ilustración gráfica en Valencia (en castelán). Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e Universidade de Valencia. p. 100. ISBN 978-84-370-0849-3.
- Colomer Sendra, Vicente (2002). Colegio Oficial de Arquitectos de la Comunidad Valenciana, ed. Registro de Arquitectura del Siglo XX en la Comunidad Valenciana (en castelán). p. 719. ISBN 84-87233-38-4.
- Jaén i Urban, Gaspar (1999). Instituto de Cultura Juan Gil-Albert, Colegio Territorial de Arquitectos de Alicante, ed. Guía de arquitectura de la provincia de Alicante (en castelán). p. 311. ISBN 84-7784-353-8.