Modesto Freire Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1909 ![]() Ortigueira, España ![]() |
Morte | 5 de xaneiro de 1942 ![]() Ferrol, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro, maquis ![]() |
![]() ![]() |
Modesto Freire Fernández, coñecido como Hijo de las Pepitas, nado en Ortigueira cara a 1909 e finado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942, foi un carpinteiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Integrouse no grupo de Manuel Freire García. Acusado de participar no asasinato de Andrés Couce Sabio e de varios atracos, foi detido pola Garda Civil de Cedeira a finais de abril de 1941 co enlace Manuel Bello Vidal.[1] Xulgado en consello de guerra xunto con Manuel Freire García, foron condenados a morte. Foron executados en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
- Martínez Junquera, Lupe; Suárez Martínez, Xosé Manuel (2020). "Da II República á violencia do franquismo". Terras do Ortegal (7): 325–344. Consultado o 23 de abril de 2023.