Modesto García Nóvoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1978 (81/82 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Modesto García Nóvoa, nado en Buenos Aires en 1896 e finado en Vigo en 1978, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais eran naturais de Gomesende e estiveron emigrados na Arxentina principios do século XX, cando regresaron a Ourense. Estudou Medicina en Valladolid e colexiouse nesa provincia en 1925. Simpatizante de Izquierda Republicana e admirador de Manuel Azaña, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e condenado sen xuízo a ser confinado no campo de concentración das Cocheras dos tranvías de Valladolid. A súa familia foi sometida a acosos e rexistros. Foi expulsado do Colexio de Médicos en decembro de 1936. Saíu do cárcere en decembro de 1937 e foi expedientado coa prohibición para exercer a nivel público a súa profesión. Trasladouse a Vigo e instalouse en Canido. A súa esposa faleceu en xaneiro de 1938, quedando viúvo con tres nenos pequenos. Nos anos corenta abriu consulta en Vigo, pero non foi rehabilitado para a función pública ata os anos sesenta, e obtivo unha praza en Baiona. Colaborou coa rede da oposición antifranquista de Vigo, deu apoio e axuda sanitaria a enlaces da guerrilla e escapados e fuxidos da zona de Vigo. Foi detido en varias ocasións, a máis perigosa o 8 de setembro de 1947, acusado polas súas supostas actividades políticas. Foi procesado na causa 438/47 da Coruña contra Francisco Rey Drox e outros. Finalmente foi posto en liberdade o día 20 ao non aparecer cargos contra na súa contra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simón Lorda, David (2011). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (II): Médicos, Practicantes e “Maquis”: O apoio á guerrilla e aos represaliados na posguerra" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 167. Consultado o 6 de xuño de 2014.