Modesto Ordóñez Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 13 de abril de 1979 Mens, España |
Alcalde de Malpica de Bergantiños | |
1938 – 1939 ← Alejo Centeno Soto | |
Alcalde de Malpica de Bergantiños | |
1968 ← Pedro Loureiro González | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Modesto Ordóñez Gómez, finado en Mens (Malpica de Bergantiños) o 13 de abril de 1979,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario da conserva. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi nomeado alcalde de Malpica de Bergantiños en outubro de 1938. Permaneceu no cargo até marzo de 1939. Volveu ser nomeado alcalde para substituír a Pedro Loureiro González. Permaneceu no cargo até 1968. Foi patrón maior da Confraría de Pescadores do Porto de Malpica.
Predecesor: Alejo Centeno Soto |
Alcalde de Malpica de Bergantiños 1938 - 1939 |
Sucesor: Celestino Barizo Castiñeira |
Predecesor: Pedro Loureiro González |
Alcalde de Malpica de Bergantiños ? - 1968 |
Sucesor: José Antonio Seoane Vázquez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Cousillas Suárez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 15-4-1979, p. 47.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2011). O mar e a memoria. O expediente Armesto. A Coruña: Laiovento. ISBN 978-84-8487-221-4.