Modio da Ponte Puñide
Modio da Ponte Puñide | |
Modio de Ponte Puñide. | |
Tipo | Vaso / Modio |
Data | Século IV |
Cultura | Roma Antiga |
Características | |
Materiais | Bronce |
Descuberta | |
Localización | Ponte Puñide, Gonzar, O Pino, Galicia |
Data | 1913 |
Conservación | |
Localización | Museo Arqueolóxico Nacional de España |
O modio de Ponte Puñide é un vaso cilíndrico de bronce[1] datado no século IV, achado no ano 1913 no lugar da Ponte Puñide, na parroquia de Gonzar,[2] no concello do Pino. Está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.
Características
[editar | editar a fonte]O vaso era empregado polos romanos coma unidade de medida de áridos, particularmente o trigo. A importancia deste modio (latín: modius) atópase na inscrición que recolle a mención dos principais (curiae) das cidades, que estaban ao cargo de recolectar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos[3] en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), que estiveron vencellados ao poder entre 367 e 375.
O modio como unidade de medida equivalía 8,6666 litros aínda que o modio de Ponte Puñide mide case 10 litros[4] e ten un peso de 6,800 kg.
Texto da inscrición
[editar | editar a fonte]
M O D I I L (E X), IVXTA SACRAM IVSSI [ON] EM DOMINORVM NOSTRORUM VALENTINIANI VALENTIS ET GRATIANI INVICTISSIMORVM PRINCIPVM, IVBENTE MARIO ARTEMIO V (IRO) C (LARISSÍMO) A [G] (ENTE) VIC (ARIAM) P (RAEFECTVRAM) (i), C V R (A N T I B V S) POTAMIO ET QUENTIANO PRINCIPALIBVS. |
Medida de modio, segundo
o sagrado mandato dos nosos señores Valentiniano, Valente e Graciano, invictísmos príncipes, mandando Mario Artemio
Vicario da prefectura das Hispanias procurándoo Potamio e Quinciano pincipais.[5] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Romero (1914), p. 275
- ↑ García Romero (1914), p. 273
- ↑ Sayas Abengoechea 2001, p. 109.
- ↑ García Romero (1914), pp. 273–287
- ↑ Tradución a partir da ofrecida por García Romero (1914), p. 287
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modio da Ponte Puñide |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arce, J. (2007): Bárbaros y romanos en Hispania. Marcial Pons Historia. ISBN 84-96467-57-0.
- De Ureña y Smenjaud, Rafael (1915). "El modius de Ponte Puñide" (PDF). Boletín de la Real Academia de la Historia: 485–507.
- García Romero, Celestino (1 de maio de 1914). "El modio de Puente Puñide". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) 7 (83): 273–287. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 23 de maio de 2023.
- Sayas Abengoechea, Juan José (2001). Historia Antigua de España (II) (en castelán). Madrid: Uned. ISBN 84-362-4398-6.