Saltar ao contido

Moeda de 200 liras italianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie ordinaria das 200 liras italianas [1][2]
A/: Cabeza feminina cara á dereita. Marca de gravador no exergo.

Lenda: REPVBBLICA ITALIANA

R/: Valor facial dentro dunha engrenaxe. Marca de ceca (R). Data no exergo.

Lendas: 200 LIRE

A moeda de 200 liras italianas foi cuñada polo Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato, a ceca pública de Roma, desde 1977 a 2001, cando a lira italiana foi substituída polo euro.

Paralelamente á súa emisión ordinaria, a partir de 1980 fóronse pondo tamén en circulación versións conmemorativas desta moeda, con idénticas características métricas mais con deseños específicos.

A aliaxe coa que se cuñou esta moeda, coñecida polo acrónimo bronzital (de bronzo italiano), está composta por un 92 % de cobre, un 6 % de aluminio e un 2 % de níquel.[2]

Emisión ordinaria

[editar | editar a fonte]

A moeda estándar de 200 liras italianas foi deseñada e gravada polo artista italiano Mario Vallucci. No seu anverso presenta a figura dunha muller con cabelo longo mirando cara á dereita, representación alegórica da Liberdade e da nación italiana. No reverso reprodúcese como motivo central unha engrenaxe de dentes cadrados, como símbolo do traballo.[1][2]

Esta moeda cuñouse entre 1977 e 1998 con algunhas interrupcións puntuais nos últimos anos. A súa tiraxe total superou os 1.500 millóns de exemplares.[1][2]

Tiraxes anuais

[editar | editar a fonte]

Estas son as cantidades de exemplares cuñados da emisión ordinaria da moeda de 200 liras italianas desde a súa creación en 1977 ata a súa derradeira emisión en 1978:[1][2]

Data Exemplares
1977 15.900.000
1978 461.034.000
1979 437.325.000
1980 105.690.000
1981 72.500.000
Data Exemplares
1982 9.500.000
1983 20.000.000
1984 10.000.000
1985 15.000.000
1986 15.000.000
Data Exemplares
1987 26.180.000
1988 37.000.000
1991 70.000.000
1995 170.000.000
1998 120.000.000

Nos anos 2000 e 2001 houbo tamén emisión desta moeda, mais non para a súa posta en circulación senón para a súa inclusión en carteiras e estoxos de presentación, dirixidos ao mercado do coleccionismo. As súas tiraxes eses anos foron de 70.360 e 110.000 exemplares, respectivamente.[1][2]

Emisións conmemorativas circulantes

[editar | editar a fonte]
200 liras (1980): FAO - Montessori.[3][4]

FAO - Montessori

[editar | editar a fonte]
200 liras (1981): Fao - Villa Lubin.[5][6]

FAO - Villa Lubin

[editar | editar a fonte]
200 liras (1989): Arsenal Militar de Tarento.[7][8]

Arsenal Militar de Tarento

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1989
  • Motivo: centenario do arsenal militar de Tarento, na rexión de Puglia.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: vista do barco "Amerigo Vespucci", con tres paus, que navega cara á esquerda, con edificios do arsenal de Tarento ao fondo: un castelo á dereita e pontes á esquerda. Encima as datas do aniversario 1889-1989. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: CENTENARIO DELL’ARSENALE MILITARE MARITTIMO DI TARANTO / L. 200.
  • Tiraxe: 42.009.260 exemplares
200 liras (1990): Consello de Estado.[9][10]

Consello de Estado

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1990
  • Motivo: centenario do establecemento da Sección IV do Consello de Estado italiano en 1890.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: vista da fachada principal do Palacio Spada, en Roma, sede do Consello de Estado, co seu nome gravado na base. Encima, as datas do aniversario: 1890-1990. Gravador: Eugenio Driutti. Lenda: CONSIGLIO DI STATO / IV SEZIONE / 1890 1990 / PALAZZO SPADA. / L. 200.
  • Tiraxe: 64.509.400 exemplares.
200 liras (1992): Exposición Xénova 92.[11][12]

Xénova 92

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1992
  • Motivo: Exposición Internacional de Filatelia Temática de Xénova.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: círculo dividido en dous semicírculos. No superior, tres velas sobre un fondo de liñas paralelas; no inferior tres ondas estilizadas e o nome da exposición. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: ·ESPOSIZIONE MONDIALE DI FILATELIA TEMATICA · / L. 200 / GENOVA `92
  • Tiraxe: 100.009.500 exemplares.
200 liras (1993): 70 aniversario da aviación militar.[13][14]

Aviación militar

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1993
  • Motivo: 70º aniversario da aviación militar italiana.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: círculo dividido en catro cuarteis, cos símbolos dos catro escuadróns creados durante a I guerra mundial: no primeiro, un grifón rampante; no segundo, unha quimera; no terceiro, un trevo de catro follas; e no cuarto, o león de San Marcos. Deseñador: Luciano Zanelli. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: 70° AERONAUTICA MILITARE 1923-1993 / L. 200.
  • Tiraxe: 170.008.500 exemplares
200 liras (1994): Bicentenario dos Carabineiros.[15][16]

Arma dos Carabineiros

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1994.
  • Motivo: 180 aniversario da fundación da Arma dos Carabineiros.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: símbolo dos Carabineiros: unha granada heráldica cunha lapa de trece puntas, co monograma RI (República Italiana). Debaixo os anos do aniversario en números romanos e unha cartela co lema do corpo, NEI SECOLI FEDELE. Deseñador: Luciano Zanelli. Gravador: Sergio Grossi. Lenda: ARMA DEI CARABINIERI / CLXXX / 1814 -1994 / L. 200.
  • Tiraxe: 200.008.500 exemplares.
200 liras (1996): Centenario da Guardia di Finanza.[17][18]

Guardia di Finanza

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1996
  • Motivo: centenario da fundación da academia da Guardia di Finanza.
  • Anverso: círculo decorado, dividido en dous semicírculos separados por unha fita co nome do país en letras incusas. Na parte superior o Palacio Real de Caserta, a primeira sede da academia en 1896; e na parte inferior a sede actual en Bérgamo. Gravador: Eugenio Driutti. Lenda: REPUBBLICA ITALIANA.
  • Reverso: cartela co valor facial incuso, que divide o campo en dúas partes. Na superior, o escudo de armas da Guardia di Finanza, cun estandarte enriba co seu lema: NEC RECISA RECEDIT. Na inferior, sombreiro e espada de cadete da academia. Gravador: Eugenio Driutti. Lenda: CENTENARIO DELL'ACCADEMIA DELLA GUARDIA DI FINANZA / 1896 1996 / L.200.
  • Tiraxe: 200.008.000 exemplares.
200 liras (1997): Centenario da Liga Naval Italiana.[19][20]

Liga Naval Italiana

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1997
  • Motivo: centenario da Liga Naval Italiana, establecida en 1897 en La Spezia por Augusto Vittorio Vecchi.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: escudo de armas da Liga Naval Italiana (selo redondo co monograma LNI e o nome da institución, sobre unha áncora); enriba, un barco navega cara á dereita, coas datas do centenario a proa e a popa. Gravador: Ettore Lorenzo Frapiccini. Lenda: 1897 / 1997 / LEGA NAVALE ITALIANA / 200 LIRE.
  • Tiraxe: 400.008.450
200 liras (1999): Protección do patrimonio cultural polos Carabinieri.[21][22]

Protección do patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Ano: 1999.
  • Motivo: 30º aniversario do establecemento da unidade dos Carabineiros para a protección do patrimonio cultural.
  • Anverso: deseño da serie ordinaria.
  • Reverso: símbolo dos Carabineiros: unha granada cunha lapa de trece puntas, co monograma RI (República Italiana) e á súa esquerda o David de Donatello, como representación do patrimonio artístico italiano. Gravador: Ettore Lorenzo Frapiccini. Lenda: 1969 · 1999 / L.200 / CARABINIERI TUTELA PATRIMONIO ARTISTICO.
  • Tiraxe: 105.08.500 exemplares.
San Marino. 200 liras (1997): Pintura.

Emisións da República de San Marino

[editar | editar a fonte]

Antes da asunción do euro, a República de San Marino tivo como unidade monetaria oficial a liga sanmarinesa, cun valor fixo ligado ao da lira Italiana. En virtude dunha convención monetaria asinada por ambos os países o 10 de tetembro de 1971 e logo convertida en lei, o Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato cuñou modelos propios para San Marino, coas mesmas características métricas que as da moeda italiana.[23]

Existen 24 modelos diferentes das moedas de 200 liras cuñadas para San Marino, emitidas anualmente de xeito ininterrompido desde 1978 ata 2001.[24]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Boasso, A. (2008). Catalogo Alfa delle Monete italiane e Regioni. 33ª ed. Alfa Edizioni, Turín. ISBN 978-8888032092
  • Gigante, F. (2022). Gigante 2023. Catalogo nazionale delle monete italiane dal '700 all'euro. Gigante Editore. ISBN 978-8889805442
  • Montenegro, E. Montenegro 2022. Manuale del collezionista di monete italiane. 38ª ed. Torino, Edizioni Montenegro. ISBN 978-8888894034

Outros artigos

[editar | editar a fonte]