Moeda de 20 francos Monte Saint-Michel
20 francos Monte Saint-Michel [1] | |
---|---|
A/: imaxe do Monte Saint-Michel e o seu reflexo no mar.
Lenda: RÉPUBLIQUE FRANÇAISE |
R/: Valor facial cruzado por franxas xeométricas. Data. |
|
A moeda de 20 francos Monte Saint-Michel é unha moeda co valor facial de 20 francos franceses emitida entre 1992 e 2001, caracterizada por amosar no seu anverso unha imaxe do Monte Saint-Michel, en Normandía.[1]
Para o motivo do anverso tomouse como modelo un deseño de Jean Luc Maréchal, que posteriormente foi gravado por Jean-Pierre Réthoré, do taller de gravado da Monnaie de Paris.[1]
Moeda circulante
[editar | editar a fonte]A moeda emitida para a súa posta en circulación ordinaria ten unha composición trimetálica. O seu centro e o aro exterior compóñense dunha aliaxe de cobre, aluminio e níquel, en tanto que o aro intermedio é de níquel. A composición total da moeda é: 920 ‰ de cobre, 60 ‰ de aluminio e 20 ‰ de níquel.[1]
Tiraxes
[editar | editar a fonte]Ademais das indicadas nas táboas seguintes, en 1992 houbo unha emisión de 1.850 exemplares de presentación con acabamento especial (fondo espello e relevo mate), que amosan a inscrición ESSAI no reverso, encima do valor facial.[2]
|
|
Emisións especiais
[editar | editar a fonte]Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén dúas versións de presentación con idéntico deseño e dimensións que os da moeda circvulante, cuñadas exclusivamente en 1992, o primeiro ano de emisión da moeda. A primeira destas versións, cunha tiraxe de 155.000 exemplares, componse dun aro exterior e un centro de ouro de 750‰, e un aro intermedio de prata de 950 ‰. O seu peso é de 12,66 gramos.[3][4]
No segundo caso, o aro exterior e o centro son de ouro de 920 ‰, e o aro intermedio é de ouro branco de 720 ‰. O peso desta versión é de 16,46 gramos e emitíronse unicamente 5.000 exemplares.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "20 francs Mont Saint Michel". Fr.numista.com
- ↑ "20 Francs (Mont St. Michel - Essai)". Colnect.com
- ↑ "20 francs Mont Saint Michel Argent&Or". Fr.numista.com
- ↑ "20 Francs (Mont St. Michel - Gold-Silver)". Colnect.com
- ↑ "20 francs Mont Saint Michel Or". Fr.numista.com
- ↑ "20 Francs (Mont St. Michel - Gold-White gold)". Colnect.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094