Moedas de euro de Croacia
As moedas de euro de Croacia son a serie de moedas de euro cuñadas pola Casa da Moeda de Croacia a partir de 2023 coas anversos nacionais de Croacia, de curso legal en toda a Eurozona.
O euro substituíu o kuna como moeda oficial de Croacia o 1 de xaneiro de 2023,[1] cunha taxa de cambio de 7,53450 kunas = 1 euro, que fora establecida o 10 de xullo de 2022.[2][3][4] Os prezos amosábanse xa en ambas as moedas desde o 5 de setembro de 2022, situación que se determinou que se mantivese ata o 31 de decembro de 2023. As novas moedas estiveron dispoñibles para a poboación en "euromoedeiros" a partir do 1 de decembro de 2022,[3] e durante os 14 primeiros días de uso, o euro e o kuna circularon conxuntamente, para facilitar unha transición gradual.[5][6]
A data límite que se dispuxo para o troco das moedas de kuna nas oficinas de Correos e na Axencia Financeira de Croacia foi o 31 de decembro de 2023, e a partir desa data, a responsabilidade do cambio pasa o Banco Nacional de Croacia, ata decembro de 2025. Pola súa, banda, os billetes de kunas poderán cambiarse indefinidamente.[7]
Proceso de implantación
[editar | editar a fonte]- 21 de xullo de 2021: o primeiro ministro de Croacia, Andrej Plenković, declarou que os motivos representativos do país para as futuras moedas de euro serían o taboleiro de xadrez símbolo do país, o mapa de Croacia, a marta, a figura de Nikola Tesla e o alfabeto glagolítico.[9][10]
- 4 de febreiro de 2022: o Goberno croata presentou os deseños da cara nacional das futuras moedas de euro croatas, que foron elixidos mediante un concurso convocado polo Banco Nacional de Croacia. Os autores dos deseños seleccionados foron premiados, ademais, cunha cantidade de 70.000 kunas (uns 9.300 euros).[11]
- 18 de xullo de 2022: a Casa da Moeda de Croacia comezou oficialmente a produción das moedas de euro coa cara nacional croata, para o que cumpriu triplicar as quendas dos traballadores da ceca ata finais de 2022.[12][13]
- 1 de setembro de 2022: comezou a distribución de billetes de euro entre os bancos do país.[14]
- 1 de outubro de 2022: as novas moedas de euro comezaron a saír da casa da moeda para seren distribuídas entre as entidades bancarias de Croacia.[14]
- 20 de outubro de 2022: o Comité Executivo do Banco Central Europeo (BCE) adoptou a Decisión sobre a aplicación de reservas mínimas por parte do BCE logo da introdución do euro en Croacia o 1 de xaneiro de 2023.[15]
Escolla dos deseños
[editar | editar a fonte]Para a moeda de 2 euros elixiuse un deseño co mapa de Croacia do deseñador Ivan Šivak. Para a moeda dun euro, o deseño gañador, de Stjepan Pranjković, amosaba unha marta (kuna en croata) en pé sobre unha póla, un animal que lle deu nome á anterior moeda do país. Para as moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos, escolleuse un deseño con Nikola Tesla proposto polo deseñador Ivan Domagoj Račić. Finalmente, para as moedas de 1, de 2 e de 5 céntimos, o deseño gañador amosaba as letras ligadas Ⱈ e Ⱃ en escritura glagolítica, correspondentes ás letras iniciais do país, HR (Hrvatska), da deseñadora Maja Škripelj.[11]
Pouco despois da escolla dos deseños comezaron a xurdir en Internet sospeitas de que o deseño aprobado para a moeda dun euro utilizaba unha imaxe sen licenza dunha marta nunha póla do fotógrafo escocés Iain Leach, o que motivou que o deseñador da moeda, Stjepan Pranjković, retirase a súa proposta o 7 de febreiro.[16] O día seguinte, o Banco Nacional de Croacia anunciou a convocatoria dun novo concurso para o deseño da moeda croata dun euro, que debía seguir baseándose na marta como motivo central.[17] O 4 de maio de 2022, na 15ª reunión do Consello Nacional para a Introdución do Euro, presentouse ao público o novo deseño da moeda dun euro,[18] que presenta unha marta estilizada sobre o fondo do taboleiro de xadrez croata, obra dos artistas Jagor Šunde, David Čemeljić e Fran Zekan. Este novo deseño foi aprobado polo Consello da Unión Europea o 20 de abril de 2022.[19]
Pola súa parte, do mesmo xeito que no resto dos países da Eurozona, as moedas de euro de Croacia amosan o deseño común do reverso, obra de Luc Luycx, gravador da Casa da Moeda Real de Bélxica.[20]
Moedas
[editar | editar a fonte]Data | Valor facial | Imaxe do anverso | Descrición | Ceca | Deseñador | Tiraxe |
---|---|---|---|---|---|---|
2023 | 1 cent [21][22] |
Ligazón estilizada das letras HR, do nome do país (Hrvatska) en alfabeto glagolítico (ⰘⰓ), sobre un deseño de padróns cadrados, a modo de taboleiro de xadrez, símbolo nacional do país. | Casa da Moeda de Croacia | Maja Škripelj | 72.000.000 | |
2 cent [23][24] |
63.000.000 | |||||
5 cent [25][26] |
40.000.000 | |||||
10 cent [27][28] |
Retrato de Nikola Tesla sobre un deseño de padróns cadrados. | Ivan Domagoj Račić | 80.000.000 | |||
20 cent [29][30] |
50.000.000 | |||||
50 cent [31][32] |
45.000.000 | |||||
1 euro [33][34] |
Deseño dunha marta (kuna en croata) sobre un deseño de padróns cadrados. | Jagor Šunde. David Čemelji. Fran Zekan |
40.000.000 | |||
2 euros [35][36] |
Silueta do mapa de Croacia sobre un deseño de padróns cadrados. | Ivan Šivak | 30.000.000 |
No seu canto, a moeda de 2 euros amosa a inscrición O LIJEPA O DRAGA O SLATKA SLOBODO ("Oh, fermosa! Oh, querida! Oh doce liberdade!"), extraída do "Himno á liberdade", parte da obra dramática Dubravka, do autor croata Ivan Gundulić (1628).[35][36]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hrvatska 1.1. uvodi euro: ‘Više nema iznenađenja". En Poslovni Dnevnik. 3 de outubro de 2022.
- ↑ "Croacia introducirá el euro a un cambio de 7,53450 kunas por 1 euro". Swissinfo.ch. 12 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Croazia. Preparativi per l’arrivo dell’euro". En La Voce del Popolo. 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Crece la eurozona: Croacia adopta el euro como moneda oficial". En El Economista. 1 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Od 5. rujna obvezno dvojno iskazivanje cijena u kuni i euru". Euro.hr. 5 de setembro de 2022.
- ↑ "Kretanje cijena u kunama i u eurima u rujnu 2022". Euro.hr. 18 de outubro de 2022.
- ↑ "Zamjena gotovog novca". Euro.hr. 3 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Od 1. prosinca moći ćete za 100 kuna kupiti eure s hrvatskim motivima". Danica.hr. 3 de outubro de 2022.
- ↑ "Plenković otkrio koji hrvatski simboli će biti na eurima: ‘Građani su izabrali - Nikolu Teslu!‘". Jutarnji.hr. 21 de xullo de 2023.
- ↑ "Croatia’s Euro to Feature Inventor Tesla, Claimed Also by Serbia". Balkaninsight.com. 21 de xullo de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 "Savjet HNB-a: Konačan odabir najuspješnijih prijedloga dizajna za hrvatsku stranu eurokovanica". Hrvatska Narodna Banka (Hnb.br). 7 de febreiro de 2022.
- ↑ "Radnici će morati raditi u tri smjene da do kraja godine izrade hrvatske eure". En Poslovni Dnevnik. 14 de xullo de 2022.
- ↑ "The Countdown is On! Croatian Euro Coin Production Officially Begins Arquivado 30 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Total-croatia-news.com. 19 de xullo de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 "U Hrvatsku stiže euro, pogledajte kako će izgledati proces uvođenja iz mjeseca u mjesec Arquivado 26 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". En Hrvatska Euro Priča. 2 de febreiro de 2023.
- ↑ "ECB sets transitional provisions for minimum reserve requirements following introduction of euro in Croatia". European Central Bank. 28 de outubro de 2022.
- ↑ "Winning entry for Croatia's first one-euro withdrawn after plagiarism allegations". Reuters.com. 7 de febreiro de 2022.
- ↑ "Central Bank to Hold New Competition for Design of €1 Coin With Marten Motif Arquivado 28 de novembro de 2022 en Wayback Machine.". Total-Croatia-News.com. 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "Savjet HNB-a: Odabrano najuspješnije likovno rješenje nacionalne strane Republike Hrvatske na kovanici od 1 eura". Hrvatska Narodna Banka (Hnb.hr).
- ↑ "Decision of the Council on the approval of draft design for the national side of 1 euro circulation coin submitted by Croatia". Council of the European Union. 20 de abril de 2022.
- ↑ "Coins". European Commission.
- ↑ "1 cent". Euro.hr
- ↑ "1 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "2 centa". Euro.hr
- ↑ "2 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "5 centa". Euro.hr
- ↑ "5 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "10 centa". Euro.hr
- ↑ "10 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "20 centa". Euro.hr
- ↑ "20 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "50 centa". Euro.hr
- ↑ "50 Euro Cent". Numista.com
- ↑ "1 euro". Euro.hr
- ↑ "1 Euro". Numista.com
- ↑ 35,0 35,1 "2 eura". Euro.hr
- ↑ 36,0 36,1 "2 Euro". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moedas de euro de Croacia |