Mojácar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Almería | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.386 (2023) (102,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 72 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 152 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Q126367774 | Rosa María Cano Montoya | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04638 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 04064 | ||||
Sitio web | mojacar.es | ||||
Mojácar é un concello andaluz, na costa leste da provincia de Almería. Cunha extensión de 72 km² e con 6.092 habitantes, é un concello eminentemente turístico, cun núcleo tradicional no interior e un gran conxunto de instalacións hoteleiras ao longo da praia.
Demografía
[editar | editar a fonte]Mojácar é un concello que está a experimentar un rápido aumento de poboación nos últimos anos. Dos 4.615 habitantes de 1999 pasou aos 6.092 de 2005, o que supón un crecemento dun 32% en só seis anos. Iso débese fundamentalmente á inmigración, fundamentalmente de cidadáns británicos e, en menor medida, alemáns. De feito, a sinalización municipal preséntase xeralmente en español e inglés.
A densidade de poboación é de 84.6/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]O territorio do concello de Mojácar é unha estreita franxa costeira (duns 5 kms de largo máximo) situada no leste da provincia de Almería. Báñao ao leste o mar Mediterráneo, e líndano ao norte os concellos de Garrucha e Vera, ao leste o de Turre e ao sur o de Carboneras.
A costa é suave e de praia en toda a súa extensión, o que favoreceu a implantación de numerosas instalacións turísticas ao longo do litoral, ata conformar un novo núcleo de poboación con numerosos hoteis, restaurantes, discotecas e un parador de turismo chamado Mojácar Playa. O núcleo principal sitúase no interior, a algo máis dun quilómetro da costa, e nas abas da Serra Cabrera, un pequeno conxunto montañoso de ata 960 m de altura. Porén, as alturas de Mojácar non son demasiado altas, e a media sitúase nos 152 m sobre o nivel do mar.
Mojácar ten 3.000 horas de sol ao ano, cunha temperatura media de 20 °C.
Historia
[editar | editar a fonte]Mojácar debeu estar habitado dende a antigüidade. Sospéitase de poboamentos da Idade de Bronce, así como fenicios e cartaxineses, e téñense probas de asentamentos gregos co nome de Murgis-Acra, que sería latinizado en Moxacar (e de aí o español actual Mojácar).
Mojácar, pertencente á provincia árabe de Almería, quedou no século VIII baixo o dominio do califato de Damasco e logo baixo o de Córdoba, co que Mojácar experimentou un forte desenvolvemento. Coa coroación de Mohamed I de Córdoba no reino de Granada Mojácar foi incorporado ao sultanato de Nasrid, e converteuse nunha das prazas fortes na defensa do reino árabe fronte aos ataques dos cristiáns do norte. Estes combates produciron un masacre na poboación civil en 1435 e a derrota e rendición final o 10 de xuño de 1488. O pacto de convivencia entre mouriscos, xudeus e cristiáns produciu un novo desenvolvemento da poboación, que chegou a ter uns 10.000 habitantes no século XVIII.
A seca e a emigración provocaron un retroceso económico e demográfico no século XIX, do que só se recuperou a poboación coa chegada de turistas e residentes europeos na segunda metade do século XX, pero particularmente a partir dos anos oitenta. En Mojácar está a sede da Fundación Valparaíso, un centro para a creación e a difusión de arte, onde se reúnen distintos artistas europeos.
Economía
[editar | editar a fonte]As dúas principais fontes de riqueza de Mojácar son o turismo (hostalaría, restauración, servizos de lecer) e a construción.
Festas
[editar | editar a fonte]- Mouros e cristiáns: ao redor do 10 de xuño.
- Santo Agostiño: 28 de agosto. É o patrón cristián da vila.
- Semana Santa.