Saltar ao contido

Mojibake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mojibake (文字化け, moji carácter + bake pantasma) é unha palabra procedente do xaponés para se referir aos caracteres inintelixibeis: lixo que aparece cando se tentan visualizar conxuntos de caracteres internacionais mediante programas (navigadores etc) que non están configurados para eles.

Pronúnciase [moʤibake], que a un galego soa "mollibake" (pronunciando “ll” con “yeísmo”). O Mojibake chámase luan ma (亂碼 ou 乱码 luan4 ma3), ou "código caótico" na lingua chinesa. Por exemplo: "文字化け" visualízase como "•Žš‰»‚¯"