Moldes, Melide
Moldes | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Moldes. | |
Concello | Melide[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°53′06″N 8°01′54″O / 42.88488902, -8.03179614 |
Poboación | 69 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Moldes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Melide. Segundo o IGE en 2018 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa románica de San Martiño de Moldes foi construída no século XII. A súa fachada principal é de perpiaño, e os muros laterais de cachotaría. O retablo principal foi traído da parroquia de Santo Estevo de Pezobrés (Santiso). O templo ten outros dous retablos: o das Angustias, baldaquino, e un retablo lateral de 1741. A súa portada occidental mostra un tímpano coa loita de Sansón e o león.
Arredor da igrexa está o camposanto, e do outro lado da estrada hai un cruceiro de 1897.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
-
Igrexa de San Martiño de Moldes.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moldes
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Moldes no concello de Melide (A Coruña) | |
---|---|
A Casilla | Fisteos | Fondelo | Mirce | Moldes de Abaixo | San Martiño | Sobradelo | Teillor | Trasfontao | O Vilar |