Saltar ao contido

Momento do dipolo eléctrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Momento dipolar»)

En física, o momento do dipolo eléctrico é a medida da polaridade dun sistema de cargas eléctricas.

O momento do dipolo eléctrico para unha distribución simple de cargas puntuais é simplemente a suma vectorial dos produtos da carga pola posición vectorial de cada carga.

Esta definición tamén pode ser dada en forma continua utilizando a densidade da carga, , no lugar da carga, .

O momento do dipolo é utilizado normalmente en sistemas que posúen carga total neutra. Por exemplo, un par de cargas opostas, ou un condutor neutro nun campo eléctrico uniforme. Para tales sistemas, o valor do momento do dipolo eléctrico é independente da orixe do sistema de eixos. Para sistemas non neutros, xorde unha dependencia da escolla da orixe. Para que o momento do dipolo eléctrico sexa útil no cálculo do torque en dipolo e para outros fins, a orixe é frecuentemente definida no centro da carga, , para o sistema, que é definida de xeito similar ao centro de masa e é:

Onde Q é a suma das cargas:

Par de cargas opostas

[editar | editar a fonte]

O momento do dipolo eléctrico para un par de cargas opostas de magnitude q é definido como a magnitude da carga veces a distancia entre eles e a dirección definida en relación á carga positiva.

É un concepto útil en átomos e moléculas onde os efectos da separación das cargas son mensurábeis, mais a distancia entre as cargas é moi pequena para ser medida con facilidade. Tamén é útil en dieléctricos e outras aplicacións en materiais sólidos e líquidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]