Mommur Chasma
Aparencia
Mommur Chasma | |
---|---|
Imaxe de Oberón feita pola Voyager 2. Mommur Chasma pode ser vista na esquina superior dereita da imaxe. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Chasma |
Accidente xeolóxico de | Oberón |
Lonxitude | 537 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 16,3° S 323,5° L[1](coord. centrais) |
Procedencia do nome | bosque natal da personaxe Oberón da obra de William Shakespeare, Midsummer Night's Dream.[1] |
Mommur Chasma é o canón máis grande da superficie da lúa de Urano, Oberón.[1] Recibiu o nome do bosque natal da personaxe Oberón que aparece na obra de William Shakespeare, Midsummer Night's Dream. Este accidente xeolóxico formouse probablemente nas primeiras etapas da evolución desta lúa, cando o interior de Oberón se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.[2] Este canon é un exemplo de graben ou dunha falla normal. Mommur Chasma foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Oberon: Mommur". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-03-2009.
- ↑ Conferencia a cargo de Croft, S.K. "New geological maps of Uranian satellites Titania, Oberon, Umbriel and Miranda" (1989), edición da conferencia a cargo do "Lunar and Planetary Sciences Institute" e recollida na obra "Proceeding of Lunar and Planetary Sciences" vol. 20, pax 205C
- ↑ Smith, B.A.; Soderblom, L.A.; Beebe, A. e o seu equipo. (1986). "Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results". Science 233: 97–102. PMID 17812889. doi:10.1126/science.233.4759.43.