Moncha Fuentes
Aparencia
(Redirección desde «Moncha Fuentes Arias»)
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ramona Fuentes Arias ![]() 1952 ![]() Marín, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesora , sindicalista , tradutora ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Xosé Luís Méndez Ferrín (1983–) |
Fillos | Oriana Méndez ![]() |
![]() ![]() |
Ramona Fuentes Arias, nada en Marín en 1952, é unha escritora, tradutora e profesora galega de lingua castelá.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, residente en Vigo, onde exerceu a docencia no IES Santa Irene.[2]
Colaborou en publicacións como Cadernos Ramón Piñeiro ou A Trabe de Ouro.
Foi candidata pola Frente Popular Galega nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997,[3] 2001[4] e 2005.[5]
Obra[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- O mar que nos leva (2018). Vigo: Xerais.[6] 160 páxs. ISBN 978-84-9121-451-9. ePub: ISBN 978-84-9121-455-7. Memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Novela.[7]
- O tradutor de sombras (2022). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-1110-135-6.[8] ePub: ISBN 978-84-1110-129-5.[9]
Traducións[10][editar | editar a fonte]
Do francés ao galego[editar | editar a fonte]
- Quen lle ten medo ó lobo?, de Fanny Joly (1990). Xerais.
- Omni, alarma nuclear, de Jan Bosschaert (1990). Xerais. Cómic.
- Na Bretaña misteriosa, de Alain Dodier. (1990). Xerais. Cómic.
- Mortos en vida, de Alain Dodier (1991). Xerais. Cómic.
- Xogo de tres, de Alain Dodier (1991). Xerais. Cómic.
- Como unha novela, de Daniel Pennac (1993). Xerais.[11]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Fran_Alonso%2C_Moncha_Fuentes%2C_Ram%C3%B3n_Rozas.jpg/220px-Fran_Alonso%2C_Moncha_Fuentes%2C_Ram%C3%B3n_Rozas.jpg)
Do portugués ao galego[editar | editar a fonte]
- O lobo guerrilleiro, de Bento da Cruz (1996). Xerais.
- A loba, de Bento da Cruz (2000). Xerais.
Do galego ao castelán[editar | editar a fonte]
- Amor de Artur, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1990). Debate.
En el vientre del silencio, de Xosé Luís Méndez Ferrín (2002). Txalaparta.Con Xosé Ramón Pena no Club Faro de Vigo, abril 2022
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio da Crítica de Galicia 2019 por O mar que nos leva.[12]
- Premio Losada Diéguez, modalidade Creación literaria por O tradutor de sombras.[13]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Filla de Antonia Arias Díaz e mais de Manuel Fuentes Blanco, é irmá de Manel e Antonia Fuentes Arias.[14] É parella de Xosé Luís Méndez Ferrín, con quen tivo a Oriana Méndez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Instituto Santa Irene, Vigo".
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-07.
- ↑ "Resolución do 22 de setembro de 1997 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" DOG.
- ↑ "Resolución do 24 de setembro de 2001 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…"
- ↑ "Resolución do 23 de maio de 2005 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…"
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-01-04). "Os fabulosos fíos da memoria". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ O mar que nos leva Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web de Xerais.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-23.
- ↑ Araújo, Nuria (xullo, agosto, setembro 2022). "Como quen carga ao lombo un colchón vello". Grial LX (235): 78–79. ISSN 0017-4181.
- ↑ Ficha da autora Arquivado 28 de xuño de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da Biblioteca de tradución galega.
- ↑ Cotradución, con Emma Lázare Rodríguez.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2019-12-23). "Moncha Fuentes: 'O mar que nos leva'". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-04-07.
- ↑ Región, La (2023-04-30). "Manolo González y Moncha Fuentes ganan el premio Antón Losada en Carballiño". La Región (en castelán). Consultado o 2023-04-30.
- ↑ "Necrolóxica". Diario de Pontevedra. 10 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha da autora na páxina web de Edicións Xerais de Galicia.
Categorías:
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Sindicalistas de Galicia
- Políticos da FPG
- Tradutores do francés
- Tradutores ao galego
- Tradutores do galego
- Tradutores ao castelán
- Profesores de educación secundaria
- Tradutores do portugués
- Nados en Marín
- Nados en 1952
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela