Saltar ao contido

Oriana Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOriana Méndez

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Oriana Méndez Fuentes Editar o valor en Wikidata
28 de outubro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora de ensino secundario, escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Obra
Obras destacables
Familia
PaisXosé Luís Méndez Ferrín Editar o valor en Wikidata  e Moncha Fuentes Editar o valor en Wikidata
IrmánsCristal Méndez Queizán Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio weborianamendez.com Editar o valor en Wikidata
BUSC: mendez-oriana-1984 Dialnet: 1892073
Con Carlos Lixó en Teñamos a poesía en Paz. Libraría Paz. Pontevedra. 11/04/2019
Papeleta das Eleccións locais 2019 en Vigo de Marea de Vigo.

Oriana Méndez Fuentes, nada en Vigo o 28 de outubro de 1984, é unha filóloga, poeta e profesora de secundaria galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dos escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Moncha Fuentes.[1] Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e cun mestrado en Estudos Teóricos e Comparados. En 2024 aprobou as oposicións a docente do ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura. O seu labor poético comezou no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia. A esa intervención seguiranlle colaboracións en publicacións colectivas de grupos coma Burla Negra, e na revista Mealibra. No ano 2003 colaborou na elaboración do libro Xuro que nunca volverei pasar fame publicado por Redes Escarlata, organización da que tamén foi membro. Participou en numerosos recitais poéticos e proxectos de acción poética, coma "A revolta das letras" que tivo lugar en Santiago de Compostela co motivo do Día das Letras Galegas do ano 2009 e desenvolveu eventuais labores de crítica para a revista ProTexta.[2] En 2018 colaborou na revista Ligeia.[3] Participou en diversas mesas redondas e encontros sobre poesía, coma no III Encontro de novos escritores, ou na mesa de poesía do ciclo Escritores na Universidade, organizados ambos pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

No 2019 presentouse como número 2 da Marea de Vigo ás Eleccións municipais de 2019 e saíu elixida concelleira. Foi secretaria xeral da Frente Popular Galega dende setembro de 2021.[4]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Tradución

[editar | editar a fonte]
  1. Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45.
  2. "Oriana Méndez". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-11. 
  3. "Oriana Méndez". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  4. "Oriana Méndez, nova secretaria xeral da FPG: "A nosa aposta pola fronte popular era e é honesta"". Nós Diario. 7 de setembro de 2021. 
  5. "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2008-04-23. Archived from the original on 23 de abril de 2008. Consultado o 2019-04-11. 
  6. "Oriana Méndez presenta CERO". Editorial Galaxia. 2011-09-29. Consultado o 2019-04-11. 
  7. Nicolás, Ramón (2015-09-02). "O que precede á caída é branco, de Oriana Méndez". Caderno da crítica. Consultado o 2019-04-11. 
  8. Porto, Lorena (Xullo, agosto, setembro). "Sintonía nacida". Grial LXII (243): 70, 71. ISSN 0017-4181. 
  9. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  10. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  11. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  12. Ficha Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. da obra na páxina web da editorial.
  13. 13,0 13,1 Cocaño, Raquel; C., B. (3 de setembro de 2024). "Tamara Andrés e Oriana Méndez gañan o premio Plácido Castro cunha tradución ao galego dun poeta francés". lavozdegalicia.es. Consultado o 9 de setembro de 2024. 
  14. Redacción/E.P. (2020-09-18). "Oriana Méndez gaña o premio Afundación". nosdiario.gal. Consultado o 2024-09-09. 
  15. "Listado de contidos apra a etiqueta "Premio" Fundación Plácido Castro". www.fundacionplacidocastro.com. Consultado o 2024-09-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]