Marea de Vigo
Marea de Vigo | |
---|---|
Tipo | partido político |
Data de fundación | 2014 |
País | España |
Na rede | |
http://mareadevigo.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Marea de Vigo foi un movemento político creado na cidade de Vigo o 12 de setembro de 2014,[1] que se presentou ás eleccións municipais do 25 de maio de 2015.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A candidatura presentouse oficialmente o 18 de marzo do 2015 despois dun proceso de primarias[2] e saíu Rubén Pérez, membro de Esquerda Unida, como o candidato da Marea. A candidatura foi apoiada por Esquerda Unida e Anova, que conseguiron tres escanos no concello de Vigo,[3] mais non foi apoiada nin por Podemos,[1] nin por Equo ou Piratas de Galicia, pois estes dous últimos presentáronse nunha lista con Vigo en común.[4][5][6]
Nas eleccións de 2019 conseguiron dous escanos no concello de Vigo.[3] Un para o líder da coalición, Rubén Pérez e outro para a poeta Oriana Méndez, membro de Anova-Irmandade Nacionalista.
Nas eleccións de 2023 quedaron fóra do concello de Vigo ao non chegar ao limiar mínimo do 5% requirido para obter representación na corporación municipal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Terán, Davide (8 de marzo de 2015). "A retirada de Podemos frustra as candidaturas cidadás en Vigo". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 1 de febreiro de 2019.
- ↑ EFE (18 de marzo de 2015). "La Marea de Vigo presenta en sociedad su candidatura a las elecciones municipales". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Resultados municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ Europa Press (15 de abril de 2015). "Equo-Piratas presenta su candidatura en Vigo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Albaladejo, Antonio (15 de abril de 2015). "Equo-Piratas, se presenta a las Elecciones Municipales en Vigo con “cero euros” y para “devolver el poder a los vecinos”". vigoalminuto.com (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
- ↑ Punzón, Carlos (24 de marzo de 2015). "Vigo en Común, Equo y Piratas de Galicia se presentarán en coalición en las municipales". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web Arquivado 12 de maio de 2015 en Wayback Machine.