Saltar ao contido

Redes Escarlata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redes Escarlata
Tipoasociación cultural
Data de fundación2001
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.redesescarlata.org/
editar datos en Wikidata ]

As Redes Escarlata foron un colectivo de intervención sociocultural xurdido en Santiago de Compostela no mes de maio de 2001. No seu primeiro manifesto público presentáronse como organización de esquerdas pola independencia de Galicia[1] e contra o neoliberalismo. O colectivo toma o seu nome do libro Bretaña, Esmeraldina, de Xosé Luís Méndez Ferrín.[2]

Aspectos novidosos das Redes Escarlata foron, naquela altura, a organización aberta, asemblearia e nucleada en torno a cada acción concreta, así coma o funcionamento no ámbito nacional tanto a través da rede -mediante propostas e debates- coma das intervencións na rúa.[3]

Intervencións[editar | editar a fonte]

Entre as súas actividades, non raramente silenciadas polos medios de prensa galegos, destacaron propostas de amplo calado estético e reivindicativo coma o Baleirado da Cultura celebrado nas rúas do casco histórico de Ourense (outono, 2002). En 2003 publicaron a obra poética colectiva Xuro que non volverei pasar fame, cunha ampla representación[4] de xeracións e tendencias diversas. As Redes Escarlata impulsaron tamén varias xornadas baixo o lema Un debate, mil repúblicas[5] así coma performances, conferencias[6] e actos solidarios e reivindicativos e numerosos recitais e performances[7] ao largo da xeografía galega.

Levaron ademais a cabo recoñecidos traballos de información e de axitación que espallaron desde a súa web, cunha repercusión especial desde o afundimento do Prestige (2002 e 2003),[8][9][10] coma a autodenuncia de miles de persoas que nela asinaron un poema contra Fraga Iribarne. Nese espazo virtual apareceron con regularidade manifestos ("nada nos é alleo", proclamaban) sobre todo tipo de temas: o cinema galego, os dereitos sexuais do colectivo LGTBI+,[11] a cuestión do idioma, a represión do independentismo,[12] o dereito á okupación, a invasión de Iraq etc. As Redes Escralata tamén colaboraron activamente na defensa da galeguidade lingüística e cultural das comarcas estremeiras[13].

A organización fixo entrega durante máis dunha década do Premio Roberto Vidal Bolaño,[14] concecido a asociacións (Pallasos en Rebeldía, Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística...), colectivos (compañía de teatro Chévere) ou personalidades (Agustín Fernández Paz, Felipe Lubián...) que se distinguisen "pola súa defensa da emancipación das clases populares e da República galega" nos campos cultural, social ou político.

Militancia[editar | editar a fonte]

Fóronse adherindo ás Redes Escarlata a partir do seu manifesto fundacional de 2001 e participaron da organización nomes[15] coma Chus Pato, Anxo Angueira, Carme Hermida, Xoán de Dios, Chus R. Piñeiro, Francisco Fernández Rei, Xabier Cordal, Carme Carballo, Manuel Igrexas, Oriana Méndez, Antón Lopo, Pilar Beiro, Isaac Xubín, Asun Arias, Xosé Henrique Costas, Aitor Rivas, Ricardo Castro, Gonzalo Hermo, Iago Castro, Luz Fandiño, Rober Bass, Silvia Penas, Francisco Sampedro, Xabier P. Docampo, Elvira Ribeiro, Iván Prado, Antón Dobao, Xosé L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Santos Cabanas, X. M. Eyré, Claudio Pato, Xosé Manuel García Crego, Xabier Xil Xardón, Mariana Petiti, X. Mª Lema, Pancho Niño, Brais González Pérez, Alberte Momán, Francisco Domínguez Romero e un longo etcétera.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notas de prensa - As Redes Escarlata". 
  2. Pato, C. e Fernández Rei, F. (2017): Baixo o límite. Discurso lido o día 23 de setembro de 2017 no acto da súa recepción, pola ilustrísima señora dona Chus Pato e resposta do excelentísimo señor don Francisco Fernández Rei. Real Academia Galega. Páx. 41. ISBN 9788494600586.
  3. "As Redes Escarlata móvense pola preocupación común do estado da cultura en Galicia". 
  4. Eyré, X.M. (5 ao 11 de xuño de 2003). "Unha mostra de poesía escarlata - Vintecatro poetas en Xuro que non volverei pasar fame". A Nosa Terra: 28. ISSN 0213-3105. 
  5. ""Un debate, mil repúblicas", en Lalín". 
  6. "El colectivo Redes Escarlata rinde homenaje en Celanova a la revista «Vieiros»". 
  7. "“Nada nos é alleo, todo nos compete”: o papel das Redes Escarlata como vangarda da literatura galega do século XXI.". 
  8. "Glosario NM - Kit poético de denuncia". 
  9. "Os poetas galegos rinden homenaxe ás xentes do mar pola súa loita contra a marea negra". 
  10. "Sempre máis: arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige" (PDF). 
  11. "MANIFESTO POLOS DEREITOS DOS/AS GAIS, LESBIANAS, BISEXUAIS, TRANSEXUAIS E HETEROSEXUAIS (GLBTH)". 
  12. "Tecendo redes solidarias". 
  13. "Felipe Lubián recibe o V Premio Vidal Bolaño pola súa defensa do Galego das Portelas". 
  14. "Premios Vidal Bolaño". 
  15. Nogueira Pereira, Mª Xesús (marzo 2011). "Identidade, nación e compromiso na poesía galega do novo século escrita por mulleres". BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA (45): 107–120. ISSN 0214-9117. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]