Saltar ao contido

Mono araña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os monos araña[1] son o nome común de calquera dos primates do xénero Ateles («sen dedo polgar») pertencente á familia Atelidae. O nome Ateles fai referencia á ausencia dun polgar opoñible nas especies do xénero; só conta con apéndice vestixial.[2] Habitan en bosques tropicais, dende México até o Brasil.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A variedade morfolóxica no referente á cor da pelame dificultou a clasificación das diferentes especies do xénero, facendo máis crible a clasificación baseada en ADN mitocondrial e nuclear.[4] A revisión de Kellogg e Goldman de 1944, recoñece 4 especies: Ateles belzebuth, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles paniscus.[5] Outro punto de vista defendido entre outros por Hershkovitz, considera que Ateles inclúe a unha soa especie, Ateles paniscus con diversas subespecies. En 2005 Groves, baseado en estudos de ADN, inclúe 7 especies dentro do xénero, Ateles belzebuth, Ateles paniscus, Ateles chamek, Ateles marginatus, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles hybridus.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Viven en América Central e do Sur, dende o sur de México até o río Tapajós na Amazonia brasileira. Son primordialmente arbóreos, cumpren a maior parte das súas actividades nas densas cubertas dos bosques e selvas chuviosos e tupidos onde habita.

Descrición física

[editar | editar a fonte]

Segundo a especie, o seu corpo mide de 65 a 90 cm de lonxitude, e a cola prénsil de 60 a 92 cm. Son de aparencia máis esvelta que os outros monos da familia Atelidae e pesan entre 7 e 10 kg. Teñen catro dedos e carecen de polgar. O corpo é alongado e os membros longos; a cor das diferentes especies varía de castaño claro a negro. As femias teñen como particular característica un clítoris alongado que supera en ocasións o tamaño do pene do macho.[6]

  1. Definición de mono-a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Rosenberger, A., Halenar, L., Cooke, S. & Hartwig, W. (2008). "Morphology and evolution of the spider monkey, genus Ateles". En Campbell, C. Spider Monkeys. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-86750-4. 
  3. Groves, Colin (2005). «Genus Ateles» Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-8018-8221-4.Groves, C.P. (2005). "Genus Ateles". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3ª ed.). Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-801-88221-4. OCLC 62265494. 
  4. Defler, Thomas. "9. Familia Atelidae". Historia Natural de los Primates Colombianos (2 ed.). Universidade Nacional de Colombia. ISBN 978-958-719-456-2. 
  5. R Kellogg; E A Goldman. "Review of the spider monkeys". 
  6. Campbell, C. & Gibson, K. (2008). "Spider monkey reproduction and sexual behavior". En Campbell, C. Spider Monkeys. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-86750-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]