Monochirus
Monochirus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Monochirus é un pequeno xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] que comprende tan só dúas especies de pequenos linguados, unha que vive no Atlántico oriental e no mar Mediterráneo a a outra propia do mar da China Meridional.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as dúas especies teñen o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O xénero foi creado en 1814 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.[1]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo:[1]
- Quenselia Jordan, 1889
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Monochirus está formado pola raíz do latín científico mono-, tirada da do grego antigo μονο-, drerivada de μόνοσ mónos, "un", "unha", e da forma -chirus, tirada do termo grego antigo χείρ χειρός cheír, cheirós, "man".[2]
Literalmente: "os dunha soa man" —neste caso, aleta— facendo referencia a que só posúen aleta pectoral no lado pigmentado.
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, a FishBase e a EOL, as seguintes dúas especies:[1][3][4]
- Monochirus hispidus Rafinesque, 1814
- Monochirus trichodactylus (Linnaeus, 1758)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Monochirus Rafinesque, 1814 non WoRMS.
- ↑ A adaptación latina é -chirus.
- ↑ Especies de Monochirus na FishBase.
- ↑ Monochirus Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. na EOL.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Monochirus na EOL.