Saltar ao contido

Montañas de Aïr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMontañas de Aïr
Imaxe
TipoMacizo
cordilleira Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaArlit (departamento), Níxer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°16′37″N 7°59′58″L / 18.27692, 7.99942
Características
Altitude2.022 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións200 (ancho) × 300 (lonxitude) km
Punto máis altoMonte Idoukal-n-Taghès (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.022 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie84.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoPrecámbrico Editar o valor en Wikidata

As montañas de Aïr ou o macizo de Aïr (en tamasheq: Ayăr; hausaoriental Azbin, occidental Abzin) é un macizo triangular localizado no norte de Níxer, no deserto do Sáhara. Forman parte da ecorrexión do monte xerófilo do Sáhara Occidental, e elévanse a máis de 1.800 metros de altitude e esténdense por máis de 84 000 km².[1] Localizadas no medio do deserto, ao norte do paralelo 17, o val de Aïr, cunha altitude de entre 500 e 900 metros, forma unha illa climática no Sahel que permite unha ampla variedade de vida, unha diversidade de coumunidades pastorais e agrícolas, e rechamantes lugares xeolóxicos e arqueolóxicos. Existen salientables lugares arqueolóxicos na rexión, indicativos dun pasado prehistórico na rexión.[2] O licaón (Lycaon pictus) que se encontra en perigo de extinción, habitou outrora nesta rexión, mais podería ter desaparecido da zona como consecuencia da superpoboación.[3]

A área foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1991, xunto co Teneré, formando parte das Reservas naturais de Aïr e de Teneré, que abranguen unha extensión de 7.736.000 ha. En 1992, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo.

  1. Thorp, M. B. (1969). "Some aspects of the geomorphology of the Air Mountains, southern Sahara". Transactions of the Institute of British Geographers 47 (47): 25–46. JSTOR 621733. doi:10.2307/621733. 
  2. Shaw, Thurstan; Sinclair, Paul; Andah, Bassey; Okpoko, Alex (1995). The Archaeology of Africa: Food, Metals and Towns. Routledge. ISBN 0-415-11585-X. 
  3. C. Michael Hogan. 2009. Painted Hunting Dog: Lycaon pictus, GlobalTwitcher.com, ed. N. Stromberg Arquivado 9 de decembro de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]