Monte Bulusán
Tipo | montaña outeiro | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Luzón | |||
Localización | ||||
División administrativa | Sorsogon, Filipinas (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 1.565 m | |||
Prominencia topográfica | 1.547 m | |||
Material usado | Andesita | |||
O Monte Bulusán é un volcán activo ao extremo sueste da Illa Luzón, na Provincia de Sorsogon, Rexión de Bícol, Filipinas. É un estratovolcán. O cráter do volcán ten unha altitude de 300 m (1.000 pés) de diámetro con numerosos fluxos de lava polos lados. Hai tres cráteres do lado suroeste; os máis baixos son lagos. As illas de Masbate e Ticao están ao suroeste. Bulusán entrou en erupción polo menos 13 veces desde 1886, a última vez en 1988.
O volcán forma parte da cadea volcánica Bícol que se estende desde o norte de Camarines até o norte de Sorsogon no sur. Esta cadea é frecuentemente denominada cinto volcánico; está composta por volcáns activos e xeoloxicamente novos, probabelmente relacionados coa falla de Filipinas. Bulusán está rodeado de varios cumes, como o Monte Homahan, o Monte Binactan, o Monte Batuan, o Monte Xuban, o Monte Calaunan, o Monte Tabon-Tabon, o Monte Calungalan e o Monte Xormaxan.
Actividade recente
[editar | editar a fonte]- En abril de 1981 houbo oito días de movementos telúricos e explosións.
- A finais de xuño de 1983.
- Entre 1985 e principios de 1987
- Pequenas erupcións entre febreiro e marzo de 1988. Alto nivel de movementos telúricos entre abril e agosto de 1988
- Erupcións freáticas entre novembro de 1994 e xaneiro de 1995.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Monte Bulusán
- Smithsonian's SEAN Bulletin (V. 8, No. 6 to V. 13, No. 8)
- Global Volcanism Network (V. 19, No. 11 to V. 20, No. 1).