Monte Errigal
(ga) An Earagail | ||||
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Donegal, Irlanda | |||
| ||||
Cordilleira | Derryveagh Mountains (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 749 m | |||
Prominencia topográfica | 688 m | |||
O monte Errigal (en irlandés: An Earagail), é unha montaña que se atopa preto de Gaoth Dobhair, no condado de Donegal, en Irlanda. Trátase do pico máis alto das Montañas Derryveagh e tamén de todo o condado. Errigal é tamén o monte máis meridional e elevado da cadea montañosa coñecida popularmente como "Na Seacht Deirfiúracha" ("As Sete Irmás"). As Sete Irmás inclúen os montes Muckish, Crocknalaragagh, Aghla Beg, Ardloughnabrackbaddy, Aghla More, Mackoght e Errigal.
Errigal é famoso pola cor e brillos rosados que adquire a súa cuarcita durante o solpor. Tamén foi elixido como a Montaña máis Icónica de Irlanda en 2009.[1]
Ascensións
[editar | editar a fonte]Normalmente comézanse a partir do aparcadoiro da estrada R251. Non se precisa equipamento específico para a subida, pero recoméndanse facela con precaución.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- No filme de 2008 Hunger, o protagonista Bobby Sands describe Errigal como unha "fermosa vista".
- Varias imaxes do monte foron usadas no vídeo musical de 1985 In A Lifetime de Clannad e Bono.[2] Tamén apareceu en numeroso vídeos musicais da cantante local Enya, destacando o vídeo para a canción "How Can I Keep From Singing?".
- Varias escenas do filme de 2011 Your Highness foron rodadas en Errigal.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende Errigal.
-
Errigal visto Slieve Snaght.
-
Ascensión ao monte.
-
Errigal visto dende Na Rosa.
-
Vista aérea de Errigal e Gaoth Dobhair.
-
Igrexa abandonada ao pé do monte.
-
Errigal visto dende Cloch Cheann Fhaola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.walkingandhikingireland.com/?p=3
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2001. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
- ↑ http://homepage.eircom.net/~weebinnians2/webpages/Newsletters/Newsletter%2020090913_FestivalEdition.htm
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Errigal |