Monte Longo, Lobeira
Aparencia
(Redirección desde «Monte Longo»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Montelongo.
Monte Longo | |
---|---|
Igrexa de Santa Cristina de Monte Longo. | |
Concello | Lobeira[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°59′38″N 7°59′45″O / 41.993888888889, -7.9958333333333 |
Poboación | 57 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Cristina de Monte Longo é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 82 habitantes, dos cales 39 eran homes e 43 mulleres.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa Cristina de Monte Longo, datada en 1732, está construída sobre o castro de Coto da Xulleira. No muro do evanxeo ten o escudo de armas dos Feijoo e dos Soutelo. Ten unha imaxe da Piedade do século XVII, e outras tallas de Santa Tareixa e da Virxe do Carme.
A capela de Vilariño, dedicada á Nosa Señora da Virxe do Rosario, ten imaxes de San Pedro, San Roque e Santo Antón.
Monte Longo na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Baixa Souto, baixa Souto,/ que a Nogueira xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou [2].
- Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira [3].
- Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [4].
- Entre Souto i a Nogueira/ hai unha polida dama:/ se queres saber quen é/ Santa Cristina se chama [5].
- O que queira boas mozas/ véñaas buscar a Lubeira,/ o que queira pernas tortas/ vaia ao lugar de Nogueira [6].
- Santa Baia é boa terra/ i a Vila pinta colores;/ Vileriño tras do Viso,/ Dios me retire os amores [7].
- Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [8].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Monte Longo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Monte Longo no concello de Lobeira (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Lobeira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Souto e Nogueira son lugares da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62. As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75). Santa Cristina de Monte Longo é unha parroquia do concello de Lobeira, e Souto e Nogueira son dous lugares da mesma parroquia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. No orixinal: veñas. Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141). Santa Baia e A Vila son dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira; Vilariño, lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo (Lobeira
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.