Monte Snaefell
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Snaefell_Mountain_Railway_car_no_4_on_mountain.jpg/220px-Snaefell_Mountain_Railway_car_no_4_on_mountain.jpg)
Snaefell é a montaña máis alta (621 m) e a única superior a 2000 pés da Illa de Man. Dise que nun día despexado pódense ver seis reinos dende o seu cumio: Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man e o Ceo. O ferrocarril de montaña de Snaefell percorre as catro millas dende Laxey ó cumio. O cume está coroado por unha cafetería e varias antenas de comunicacións.
A estrada de montaña A18 pasa polas pendentes do Snaefell, e é a sección máis alta da Pista de Montaña de Snaefell sobre a cal celébrase a Isle of Man TT Races (carreira de motociclismo).
Hai montañas en Islandia chamadas Snæfell (nótese a suave diferenza de pronunciación), incluíndo a montaña baixo o famoso glaciar Snæfellsjökull. A voz "Snaefell" semella significar "Cume nevada"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Illa de Man |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vistas do cumio xeradas por ordenador Norte Arquivado 25 de agosto de 2012 en Wayback Machine. Sur Arquivado 25 de agosto de 2012 en Wayback Machine. Índice