Monte Tàber
Aparencia
Coord.: 41°24′N 2°12′L / 41.4, 2.2
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Barcelona, España e El Gòtic, España | |||
| ||||
Cordilleira | Barcelona | |||
Características | ||||
Altitude | 16,9 m | |||
O Monte Tàber é un outeiro situado no barrio Gótico de Barcelona, a 16,9 metros sobre o nivel do mar, e que acolleu o primeiro asentamento romano da nova Barcino. É difícil de percibir polas edificacións da cidade, pero a pendente dalgunhas rúas permite notar a diferenza de cota entre a cidade romana, situada sobre o montículo, e os terreos máis baixos por exemplo a baixada da Llibreteria, a baixada de Santa Eulàlia ou as escaleiras da praza da Catedral. O seu cume está sinalado por unha lousa sobre a rúa Paradís, ante a sede do Centre Excursionista de Catalunya. Dentro deste edificio tamén se atopan as columnas do templo de Augusto, vestixio de Barcino.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |