Monte da Cova da Serpe
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Serra da Cova da Serpe ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Guitiriz, España, Friol, España e Sobrado, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 841 m ![]() | |||
A Cova da Serpe é a maior elevación da serra do mesmo nome con 841 m sobre o nivel do mar, e sitúase xusto no punto onde conflúen os lindes dos concellos de Guitiriz, Friol e Sobrado.
O monte é citado xa no século X como Cova de Serpente e era un dos fitos que sinalaban a doazón inicial ao mosteiro de Sobrado. O nome procede dunha caverna localizada nas proximidades da cima, dunha lonxitude duns 12 metros, e un altor na boca de sobre 2 metros; a anchura máxima é de 5 metros.

Domingo Fontán, durante a elaboración da súa Carta xeométrica de Galiza, estivo até tres veces na Cova da Serpe: en 1822, 1828 e 1830. A última vez, grazas ao acompañamento de bo tempo, puido ver polos seus aparellos a Torre de Hércules, situada a uns 70 quilómetros.[1]
Lendas
[editar | editar a fonte]Estanislao Fernández de la Cigoña recolleu dúas lendas diferentes sobre a cova[2]. Nunha fálase dunha enorme serpe, capaz de tragar gando, dun bocado en Miraz (Friol), a uns 8 quilómetros de distancia, sen que o rabo do réptil saíra do gruta. Os veciños acaban por matar o monstro dándolle de cebo un burro de alcatrán, e prendéndolle lume. Na segunda lenda a filla do señor de Miraz escapa cun mozo aldeán, do que está namorada, acabando os amantes por refuxiarse na cova, onde o mozo será quen de matar á serpe. Porén, nas lendas recollidas por Carré, o señor de Miraz é substituído polo señor da torre de Narla.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cova da Serpe e miradoiro.
-
Casa da Neve vista dende a parte superior.
-
Casa da Neve vista dende a parte inferior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hugo Brandalise, Vitor (30.8.2012). "La Cova da Serpe: geografía, montañismo y… leyendas". El primer rostro de Galicia (en castelán). Consultado o 27.1.2019.
- ↑ Fernández de la Cigoña, E. (1995). As covas de Galicia. Guía práctica para visitar as arcas, grutas, furnas, palas, buratos, cavernas, bolas e covas galegas. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-897-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- de Torres Luna, P.; Pazo Labrador, A.; Santos Solla, J. M. (1990). Galicia, rexión de contrastes xeográficos. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-592-8.