Monte do Gato
Aparencia
Monte do Gato é un dos cumios máis altos da comarca de Betanzos con 512 metros de altura. Fai de límite natural entre os concellos de Concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras.[1]
Ao pé do monte, na vertente nordés, está o paso natural que comunica A Coruña con Lugo, por onde discorre a estrada N-VI. Na zona localízase a torre de Teodomiro. Hai tamén varios agros de mámoas e petróglifos.
Ruta
[editar | editar a fonte]Polo contorno do Monte do Gato trazouse unha ruta dentro do Plan Mandeo, a ruta SM.15, deseñada para bicicletas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monte do Gato, web do concello de Coirós
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte do Gato |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Malde, Antom (1993–94). "Contexto ambiental e implicaçons socioculturais do megalitismo das bacias do Mendo e Mandeo (comarca de Betanços, Galiza)" (PDF). Brigantium (A Coruña) 8: 9–47. ISSN 0211-318X. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019.