Saltar ao contido

Monte do Seixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte do Seixo
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSerra da Queixa Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°11′39″N 7°21′28″O / 42.194256, -7.357681
CordilleiraMacizo Galaico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.706 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica133 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico3,3 km Editar o valor en Wikidata

O monte do Seixo ou O Seixo ou Cabeza do Seixo é un pico de 1706 metros de altitude [1] situado no concello de Chandrexa de Queixa. Punto de intersección entre os Montes do Invernadeiro e a Serra da Queixa. Ten unha prominencia de 133 m sobre As Touzas do Negredo (1,6km dirección ENE).[2] Parte da súa aba sur está integrada no Parque Natural dos Montes do Invernadeiro declarado como tal en 1995 e de acceso restrinxido. Como parte do Macizo Central ourensán, fica todo el integrado na zona especial de conservación da Rede Natura 2000. A parte máis alta está fóra do parque natural, non así do ZEC. O cume veciño máis alto é o de Altos das Malladas (1.745 msnm).[2]

Rico en cuarcitas (composición que probablemente é o que lle dá o seu nome), preside o val do río Ribeira Grande que discorre atravesando o circo glaciar de Guasenza ou Figueiro. Aínda quedan restos de pasteiros naturais subalpinos e se poden atopar nardos e narcisos. Nos seus baixos cara ao sur gabea un dos bosques máis antigos de Galicia con capudres, salgueiros, bidueiros, acivros, carballos e outras especies. Abeira comunidades faunísticas ben estruturadas propias da área eurosiberiana dende o lobo a aguia real pasando pola pardela, os corzos e os reintroducidos cervos. O invernos son moi fríos e a neve enfeita o seu cume ata ben entrado o mes de maio.

Existe unha ruta a pé que vai dende este pico ata a Cabeza de Manzaneda.

  1. Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12-02-2021. Consultado o 28-01-2021. 
  2. 2,0 2,1 PeakVisor. "O Seixo" (en castelán). Consultado o 28-01-2021.