Montepulciano d'Abruzzo Colline Teramane
O Montepulciano d'Abruzzo Colline Teramane é un viño italiano da rexión dos Abruzos, dotado coa designación DOCG desde febreiro de 2003.
Características
[editar | editar a fonte]- Cor: vermella rubí intenso con leves tons violáceos tendentes ao granate co envellecemento.
- Cheiro: perfume característico, etéreo e intenso.
- Sabor: seco, robusto e harmónico.
Zona de produción
[editar | editar a fonte]Só teñen dereito a esta mención os viños producidos dentro da área de produción definida por decreto.
Os viñedos autorizados sitúanse na provincia de Teramo, nas comunas de Ancarano, Atri, Basciano, Bellante, Campli, Canzano, Castellalto, Castiglione Messer Raimondo, Castilenti, Cellino Attanasio, Cermignano, Civitella del Tronto, Colonnella, Controguerra, Corropoli, Giulianova, Martinsicuro, Montorio al Vomano, Morro d'Oro, Mosciano Sant'Angelo, Nereto, Notaresco, Penna Sant'Andrea, Pineto, Roseto degli Abruzzi, Sant'Egidio alla Vibrata, Sant'Omero, Silvi, Téramo, Torano Nuovo e Tortoreto.
A Colline Teramane é unha subrexión de Montepulciano d'Abruzzo.