Saltar ao contido

Roqueiro rubio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monticola saxatilis»)
Monticola saxatilis

O roqueiro rubio[1] (Monticola saxatilis) é un túrdido que vive nas montañas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O macho é moi rechamante, sobre todo no verán: cabeza e dorso de cor gris azulado, ventre e cola vermello. Tanto as femias como os exemplares xoves son moito máis apagados.

O canto é afrautado, pero tamén emite reclamos máis secos: tak, chak-chak. Habita en zonas rochosas con matogueiras preto.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Na Península Ibérica atópase en verán, na franxa norte, Teruel, Serra Nevada, Madrid, ao leste de Galicia e en parte de Valencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.