Saltar ao contido

Monumento a Cabalo Tolo

O monumento a Cabalo Tolo (inglés: Crazy Horse Memorial) é unha montaña-monumento en construción, localizado nas Black Hills de Dacota do Sur. Ten a forma do guerreiro lakota Cabalo Tolo, montando a cabalo e sinalando o horizonte.

O monumento é un conxunto que consiste no monumento-montaña, o Museo Indio de Norte América e o Centro Cultural Nativo Americano. Atópase en terra considerada sagrada polos nativos americanos, a trece quilómetros do Monumento nacional Monte Rushmore.

A estatua terá unha anchura de 195 metros e unha altura de 172 metros. A cabeza de Cabalo Tolo terá 27 metros de altura. A construción do monumento comezou en 1948, e aínda hoxe dista moito de rematar.[1]

  1. Walker, Carson (2 de xuño de 2008). "Crazy Horse Memorial turns 60 with no end in sight". boston.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]