Saltar ao contido

Morayo Soluade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMorayo Soluade
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Altura196 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Legia Warszawa (baloncesto)

Morayoninuoluwa Chukwemeka Soluade, máis coñecido como Morayo "Mo" Soluade, nado o 12 de xullo de 1995 en Londres, Inglaterra, é un xogador profesional de baloncesto internacional británico. Formado na canteira do Unicaja Málaga, cunha altura de 1,96 m xoga na posición de base. Actualmente xoga para os London Lions da British Basketball League.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Londres, Soluade chegou a Málaga como júnior de primeiro ano en 2011. Tras a súa formación ascende até o filial do Unicaja Málaga na Liga LEB, o Clínicas Rincón. Na temporada 2014−15 debuta na Liga ACB e na Euroliga, xogando cinco e catro xogos respectivamente. Con todo, a súa falta de oportunidades no primeiro, lévao a asinar polo Gipuzkoa de ACB en 2016. Ao ano seguinte xoga para o San Pablo Burgos, equipo co que consegue o ascenso á Liga ACB. En 2017 regresa ao Unicaja para xogar en ACB. Tras non dispor de moitos minutos viaxa a Polonia para xogar no Legia Warszawa, onde é campión do concurso de mates da PLK. O 26 de xullo de 2019 anúnciase a súa fichaxe polo Leite Río Breogán da Liga LEB.[1]

O 23 de xullo de 2021, anunciouse a súa fichaxe polo Club Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]