Saltar ao contido

Morcegos vampiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morcegos vampiros

Desmodus rotundus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Familia: Phyllostomidae
Subfamilia: Desmodontinae
Bonaparte, 1845
Salles et al, 2006
Xéneros

Os morcegos vampiros[1] (Desmodontinae) son unha subfamilia de mamíferos quirópteros filostómidos, cuxa fonte de alimento é o sangue, un trazo alimenticio denominado hematofaxia. Hai tres especies de morcego que se alimentan unicamente de sangue: o vampiro común (Desmodus rotundus), o vampiro de patas peludas (Diphylla ecaudata) e o vampiro de ás brancas (Diaemus youngi). As tres especies son orixinarias de América, estendéndose dende México ao Brasil, Chile e a Arxentina.

Por mor das diferenzas entre as tres especies, cada unha foi catalogada dentro dun xénero diferente dunha soa especie. Con anterioridade estes tres xéneros foron situados dentro dunha familia de seu, Desmodontidae (Bonaparte, 1845), pero os taxonomistas actuais agrupáronos agora como unha subfamilia, Desmodontinae, dentro da familia dos filostómidos.[2]

O feito de que as tres especies coñecidas de morcegos vampiros sexan máis semellantes entre elas que a calquera outra especie de quirópteros, suxire que o hábito hematófago (alimentarse de sangue) tivese un desenvolvemento único e que as tres especies poden compartir un devanceiro común.

  1. Definición de vampiro, -ra no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Desmodontinae" (en inglés). The Paleobiology Database. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]