Morgan Parker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Nova York Universidade Columbia |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, editora literaria, escritora |
Empregador | Universidade Columbia |
Sitio web | morgan-parker.com |
Morgan Parker é unha poeta e editora estadounidense. É autora das coleccións de poesía Other People’s Comfort Keeps Me Up At Night (Switchback Books, 2015) e There are More Beautiful Things than Beyoncé (Tin House Books, 2017).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Parker graduouse en Antropoloxía e Escritura Creativa na Universidade de Columbia[1] e obtivo un máster en poesía na Universidade de Nova York.
Parker é editora en Little A e Day One. Ensinou escritura creativa na Universidade de Columbia, foi coadxunta das series de lecturas Poets With Attitude (PWA) canda a Tommy Pico, creadora e anfitrioa de Reparations, Live! na Ace Hotel de Nova York, e é membro de The Other Black Girl Collective co poeta e intérprete Angel Nafis.[2][3][4]
A súa poesía foi incluída en publicacións como The Awl, Poetry Foundation, Tin House e outros.[5] O seu traballo tamén foi incluído en Why I Am Not A Painter (Argos Books), The BreakBeat Poets: New American Poetry in the Age of Hip-Hop, e The Best American Poetry 2016.
En decembro de 2015 foi seleccionada como blogueira destacada da Poetry Foundation.[6]
Parker viviu en Nova York pero trasladouse ao sur de California no verán de 2017.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2017 - National Endowment for the Arts Literature Fellowship
- 2016 - Pushcart Prize
- 2013 - Gatewood Prize
- 2012 - Cave Canem Fellowship[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About".
- ↑ "Ace Hotel New York | Midtown Manhattan Hotel | NYC Hotel". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ "The Other Black Girl Collective". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ "Fractures Through Time: Our Eleventh Annual Look at Debut Poets | Poets & Writers".
- ↑ "Let Me Handle My Business, Damn by Morgan Parker".
- ↑ "Poets & Writers Looks at 2015 Debut Poetry Collections by Harriet Staff".
- ↑ "«Cave Canem»".