Morpheus (videoxogo de 1998)
Morpheus | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Soap Bubble Productions |
Distribuidora(s) | Piranha Interactive Publishing (1998-1999) Tiburon Interactive Publishing (2000-) |
Motor | Feito con QuickTime VR e QuickTime Video 3.0 |
Lanzamento | 1998 |
Xénero | Aventura gráfica |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Mac OS X / Windows |
Formato(s) | Hybrid CD-ROM (3) |
Requisitos | Macintosh:
Windows:
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Morpheus é un xogo de ordenador estadounidense lanzado en 1998. Foi desenvolvido por Soap Bubble Productions e distribuído por Piranha Interactive Publishing Inc. É un xogo de aventuras en primeira persoa semellante a Myst con interface point and click, que pode cambiar de posición facendo clic e amosando en transición os movementos do xogador.
Sinopse
[editar | editar a fonte]No ano 1928, un magnate do aceite de peixe e membro do Club de Exploradores, o Comandante Theodore Holmes tenta viaxar a través do Polo Norte nun globo aerostático. Mentres fai os preparativos, aparece un home que di palabras incoherentes por mor dos estragos do clima, e menciona un cruceiro de luxo llamado Herculania cuxos pasaxeiros precisan axuda. Intrigado, vai na súa axuda e desaparece. En 1952, Matthew Holmes, o seu fillo, prepárase para buscar ó seu pai para descubrir a causa da súa desaparición. Mais el tamén se perde e comeza a deixar de distinguir entre o mundo real e o dos soños. Cando está a piques de morrer, descobre o barco que o seu pai fora a buscar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jim Lynch como Explorador do Ártico / Jan Pharris
- Tatijana Shoan como Claire Moon
- Michael Locasio como Jonathan Cleveland Pharris
- Peter J. Coriaty como Dr. John Malherbe
- James M. O'Donogue como Leo Galte
- Judith Boxley como Grace Thermon
- Dorothy Schotz como Belle Swan
- Jim Andralis como Billy Mexler
Produción
[editar | editar a fonte]Levou catro anos de traballo desenvolver todo o son, os gráficos e as secuencias de acción. O motor do xogo foi feito con QuickTime 3.0 e QuickTime Video para as transicións.