Morruncho
Morruncho | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ostrea stentina Payraudeau, 1826 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Ostrea aupouria Dinamani, 1981 |
O morruncho[1], murruncho ou ostra borda [2] (Ostrea stentina) é unha especie de molusco bivalvo.[3] Foi descrita por primeira vez por Charles Payraudeau en 1826.[4]
Ten unha cuncha oval ou arredondada, duns 40-60 mm de diámetro, e de bordo irregular, sendo, como na ostra común, a valva inferior plana e a superior lixeiramente convexa. A superficie de ámbalas valvas e irregular, escamosa.
A cor é abrancazada ou tirando a verde, observándose bandas radiais de ton rosada. O interior é branco anacarado.
Vive fixada ás rochas en zonas pouco profundas.
Segundo o gastrónomo Víctor Sueiro, o morruncho é moi apreciado polo seu sabor exquisito (xuízo que toma de Eladio Rodríguez González), o que non impide que o cualifique o irmán pequeno e desherdado da ostra [5]. En realidade, non é obxecto de explotación comercial e esta especie non aparece rexistrada nas estatísticas de Pescadegalicia.gal (plataforma dependente da Consellería do Mar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resolución de 26 de febrero de 2015, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publica el listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España
- ↑ Ramonell, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia, Galaxia, Vigo 1985.
- ↑ Roskov Y., Kunze T., Orrell T., Abucay L., Paglinawan L., Culham A., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Decock W., De Wever A., Didžiulis V. (ed) (2019). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2019 Annual Checklist.". Species 2000: Naturalis, Leiden, the Netherlands. ISSN 2405-884X. TaxonID: 54437384. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 2019-11-11.
- ↑ Payraudeau, B. C. (1826) Catalogue descriptif et méthodique des Annelides et des Mollusques de l'île de Corse , Paris. 218(8): pp. pl.
- ↑ Víctor Sueiro, px. 243-244.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Manual del marisco, Jorge-Víctor Sueiro, ed. Penthalon, Madrid 1981.
- Guía dos mariscos de Galicia, Rosa Ramonell, Galaxia, Vigo 1985.
- Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia, Emilio Rolán, Edicións Xerais de Galicia, 1993.
- Guía dos moluscos de Galicia, Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt, Editorial Galaxia, 1996. (Previsualización en Google Books)