Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) é o festival internacional de teatro máis importante do teatro galego. Naceu no ano 1984 alentado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co afán de crear un espazo de exhibición e un encontro escénico internacional, como continuación das Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia celebradas entre 1973 e 1981.
Celébrase no mes de xullo na localidade ourensá de Ribadavia en diversos espazos de exhibición: Auditorio do Castelo, Igrexa da Madalena, Casa da Cultura, rúas etc. Estivo dirixida por Rubén García Fernández e na actualidade o seu director é por Roberto Pascual.
A MIT foi galardoada co Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia, na modalidade de Artes Escénicas, no ano 2013. Tamén recibiu outros recoñecementos como o Premio Bianual da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) en 2014 ou o Premio da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no ano 2009.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da MIT Ribadavia Arquivado 08 de abril de 2012 en Wayback Machine.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|