Motivo (música)
Aparencia
O motivo é a unidade mínima con sentido musical que funciona como elemento xerador de elaboracións. O motivo está construído por unha ou dúas organizacións rítmico-melódicas mínimas, chamadas células. Distínguese do tema ou suxeito por ser moito máis breve e xeralmente fragmentario. En efecto, os motivos adoitan derivarse dos temas. Nalgúns tipos de música (por exemplo a polifonía renacentista ou barroca) o motivo denomínase cabeza de tema.
Exemplos: